27/1/10

A PAZ COMEZA NA CASA






En días como estes, cremos que é preciso non esquecer que

por riba de diferenzas, desacordos, razas, linguas, crenzas ou relixións,

A PAZ comeza NA CASA, NO TRABALLO, NA FAMILIA,

A PAZ comeza polo RESPECTO, a TOLERANCIA e a CONVIVENCIA,

A PAZ comeza por un "BOS DÍAS", un SORRISO ou un ALOUMIÑO SINCERO...


Bos e pacíficos días a todos!

2 comentarios:

  1. Que razón tes! Eu incidiría no da tolerancia e o respecto ás diferentes formas de enfocar un mesmo tema. Canto nos falta diso!
    Está moi ben o de festexar e conmemorar a Paz, o día dos Dereitos Humáns, ..., pero se non se sinte de verdade é hipocresía, palabras e xestos sen contido.
    Por certo, a Paz sexa con vós!

    ResponderEliminar
  2. Dende O Segrel subscribimos completamente o voso artigo e o comentario de Teacher.
    Concienciémonos e interioricemos, para logo amosar cos nosos xestos cotiás, a importancia da convivencia, da tolerancia das diferencias que nos enriquecen, do inmenso valor da Paz!!
    Aloumiños de mel dende Fene e co voso permiso subiremos esta fermosa presentación ao blog.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN