22/12/09

O ANUNCIO MÁIS ESPERADO DO ANO

DENDE ARS LEGENDI QUEREMOS BRINDAR CON TODOS VOS POR UN 2010 CHEO DE IMAXINACIÓN, PENSAMENTO CÓSMICO e IDEAS LOCAS PARA FACER DAS NOSAS VIDAS AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE!

el anuncio mas esperado del año from kotetiko on Vimeo.

(Chegou a nós vía Literatura Infantil e Juvenil Actual)

18/12/09

UN NADAL DE PREMIOS


Estimados pais e nais, lectoras e lectores, nenos e nenas...


Este Nadal a biblioteca quere animarvos a pedir aos poderosos Reis Magos e a agasallar aos vosos seres máis queridos cos libros máis fermosos, valiosos, emocionantes, conmovedores, terapéuticos, estimulantes, divertidos, educativos e engaiolantes.
Son libros especiais, libros con premio, libros que superaron duras probas, estrictos exames, ríxidas críticias, sisudos xurados, libros para non perderse.

Estas son as nosas recomendacións para:
FELIZ NADAL E MARABILLOSAS LECTURAS A TODOS!

13/12/09

FELICIDADES, MARCOS!

O escritor arousán afincado en Vigo, Marcos Calveiro, acaba de ser galardoado co Premio Lazarillo de Literatura Infantil na modalidade de Creación Literaria.

A obra premiada sairá á luz en galego (Xerais) e castelán (Edelvives) co seguinte título: O pintor do sombreiro de malvas. / El pintor del sombrero de malvas. Tomade boa nota do título porque de seguro será unha lectura deliciosa.



Nesta ocasión Marcos nos leva á vila francesa de Auvers, lugar onde pasou os últimos meses de vida o pintor holandés Vincent Van Gogh. Alí, o rapaz protagonista desta historia coñecerá ao atormentado pintor e vivirá ademáis "o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro desengano ... todas esas cousas polas que todos pasamos algunha vez na mocidade". (Xornal de Galicia.com)



Todo isto coa minuciosa e traballada reconstrucción de lugares, personaxes e feitos á que nos ten acostumados este brillante autor, a partir das cartas que Van Gogh escribiu aos seu irmán Theo e das pinturas que realizou nese lugar e que Marcos puido contemplar na exposición do Museo Thyssen titulada Van Gogh. Los últimos paisajes.



Outras obras de Marcos S. Calveiro que non vos podedes perder son:
  1. Rinocerontes e quimeras
  2. O carteiro de Bagdad
  3. Sari, soñador de mares
  4. O canto dos peixes

09/12/09

MIL COUSAS PODEN PASAR


Por fin temos nas librerías o máis recente Premio Merlín, o libro I de Mil cousas poden pasar, a máis recente creación de Jacobo Fernández.


E ben certo é que antes de facer plans, de soñar ou imaxinar fazañas ou feitos que están por vir hai que recordar esa frase que Mercurín, un dos portagonistas desta fermosa historia, repite unha e outra vez "mil cousas poden pasar". Para ben ou para mal o que está por vir non sempre está na nosa man...

Trátase dunha novela coral para pequenos na que dous mundos distantes e contrapostos ("dentro do mar" e "fora do mar") acaban en contacto por mor dunha fermosa, relucente, dourada e sonora TUBA.
  • A tuba que o pequeno Pouco quería facer sonar xunto a súa fermosa Lina,
  • a tuba coa que soñaba Hedión, o sepultureiro,
  • a tuba que Mercurín e Neda querían regalar ao seu pai, o rei Pindo IV o Tratable
Pero hai moito máis, o río Inrique, que marcha de viaxe de estudios, o pequeno Propicio e o seu afán pola limpeza e a orde no camposanto, un porco que quere estudar, un can pastor que prefire ser cocho, un xoieiro que se fai pastor, ... e por enriba de todo, un AMOR inmenso e indestructible que leva a Lina a buscar sen descanso para recuperar ao seu querido Pouco.

E todo tan ben narrado e tan ben ilustrado que non é posible deixar de ler ata chegar ao final, un final abarrotado de preguntas sen resolver...

Non podemos contarvos máis, só que cando rematedes esta primeira parte estaredes ansiosos por saber cando se poderá ler o Libro II.

Tampouco podemos negar que sentimos unha gran admiración polo impecable traballo de Jacobo (o primeiro ilustrador que nos visitou no noso Expocómic 2007) tanto na ilustración coma no cómic, campos nos que non deixa de colleitar merecidísimos premios.

08/12/09

Cuéntame una ópera: La flauta mágica.

Este é un dos títulos dunha colección de libros ilustrados, con CD.


Unha colección preciosa que non só vos da a oportunidade de escoitar unha coidada selección de pasaxes desta ópera, senón tamén de ler fragmentos dela.

Georgina García-Mauriño é a persoa que lle deu forma a este proxecto, nun intento de achegar a ópera a un público infantil, que en xeral ten pouco contacto con este xénero musical. E, todo hai que dicilo, faino dunha forma moi amena. Escritora e ilustradora, ten unha web onde podes atopar máis contos e rimas.

Podes ler un artigo sobre este libro concreto, na seguinte ligazón á revista de música clásica Opus Musica, atoparás moitos máis artigos interesantes.


Este outro enlace é a páxina oficial da colección. A páxina seguro que vos encanta, ten unha chea de actividades para vós: os xogos do merlo, coñecer cantantes de ópera ou directores de orquestra e moitas máis cousas.




Por último, preme na partitura, que será o que se esconde tras dela?


PASEN E VEXAN