25/10/09

FESTA DE GALA


Preparade as vosas máis fermosas galas,

visitade a perruquería,

desenpoade os vosos zapatos de festa!

Mañá, luns 26 de outubro comeza a SEMANA DA BIBLIOTECA ESCOLAR na que, coma todos os anos, terá lugar o esperado EXPOCÓMIC 2009.
As últimas novidades para todos os gustos e idades (algunhas recén saídas do prelo) vos esperan expostas fronte a biblioteca.
Os corredores e cortizas lucen enfeitados cos vosos marabillosos traballos como o Xeocómic ou as recreacións de personaxes de cómic como Lucky Luke, Son-Goku, Os Barbanzóns, Titeuf, Totó ou Tintín.
As obras dos ilustradores galegos que nos visitan este ano vos esperan na entrada principal e decoran a nosa particular pasarela que os conducirá, coma a alfombra vermella de todo evento sinalado, cara á biblioteca. Alí, o mércores 28 celebraránse:
  1. Obradoiro de Ilustración para 3º ciclo de primaria a cargo de PATRICIA CASTELAO.

Ilustradora nacida en A Estrada (Pontevedra), en 1974.
Con outros artistas galegos conforma o grupo Baobab estudio, entidade que se define como "un grupo de ilustradores que comparten un espazo de traballo na cidade de A Coruña".
A partir de 2005, traballou nas seguintes longametraxes de animación O soño dunha noite de San Xoán, DonkeyXote e Planet One.
Paralelamente aos seus traballos en animación, Castelao ilustrou libros para varias editoriais, Rodeira, Xerais, Bromera e Alfaguara entre outras. Tamén realizou traballos para organismos oficiais: carteis de animación á lectura para a Xunta de Galicia e o cartel do Salón do Libro infantil de Pontevedra 2006.
Na actualidade, a ilustradora suspendeu momentaneamente os seus traballos en animación para centrarse na ilustración.
2. Obradoiro de Cómic para 2º ciclo de ESO a cargo de DANIEL MONTERO.

Natural de Catoira e residente en A Coruña, é un dos artífices e organizadores do anual Salón de Cómic de Cangas. Como artista móvese nos campos do cómic, ilustración e animación. Caricaturista en diversos eventos ao longo da comunidade galega. Impartiu durante varios anos cursos extra-escolares e obradoiros talleres de debuxo e cómic para rapaces e maiores.
Traballou no departamento de arte nas películas 3D O soño dunha noite de San Xoán ( 2005), O Espíritu do Bosque (2007) e Noite de Paz (pendente de estrea). Actualmente traballa como ilustrador e deseñador freelance.

Ten recibido ademáis diferentes premios en certames como o de Arteixo ou o "Mutantes Paseantes" de Cádiz así como o Primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Noveis, convocado pola Casa da Xuventude de Ourense.
Ven de gañar ademáis o V concurso Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña 2009 coa obra aínda inédita Sen mirar atrás.

AFIADE O VOSO LAPIS, TEMOS MOITO QUE APRENDER CON ELES!

22/10/09

SUQUEMOS O MAR DA COR DO VIÑO


Ai, Ulises, non houbo heroe coma el!

Soubo resistir á tentación das voces das sereas, aos encantos de Circe, Calipso e Nausícaa, loitou contra Polifemo, Escila e Caribdis, enganou aos Troianos cun cabalo de madeira e, durante dez anos sucou o mar da cor do viño para volver ao seu fogar en Ítaca.

Esta longa viaxe, a orixinal e primixenia odisea, que inspirou tantas e tan variadas creacións artísticas, non corre o perigo de desaparecer do imaxinario infantil e xuvenil grazas ao traballo de aqueles autores que conseguiron adaptar para eles a grandiosa obra de Homero.

Adaptar sen corromper, resumir sen esquecer o fundamental, simplificar sen deteriorar.

Non é doado.

Hoxe queremos presentarvos tres fantásticos exemplos:


O traballo de Rosa Navarro, unha fermosa versión para nenos de máis de 6 anos, A Odisea contada aos nenos (Edebé-Rodeira) cuxa traducción ao galego recibiu ademáis o Premio Lois Tobío de tradución en 2007.


A versión de Rosemary Sutcliff para Vicens Vives: Las aventuras de Ulises: la historia de la "Odisea", que o propio Carlos García Guall calificou asi: "ha logrado recrear el espíritu ingenuo y poético de la narración épica, en una prosa de buen ritmo, sonora, clara y con un alto grado de elaboración literaria".



  • E finalmente a orixinalísima recreación de Giovanni Nucci para Siruela, As aventuras de Ulises. Lástima que non conservasen o título orixinal: Ulises. O mar da cor do viño, con ese fermoso epíteto homérico do mar que acompañará ao lector durante toda a obra.


Unha aproximación ao texto de Homero rompedora, orixinal e divertidísima. Nela o lector descubre que os deuses, os heroes, os reis, os guerreiros e incluso os monstros non son personaxes encumbrados, deshumanizados e distantes senón seres cercanos, fráxiles, sensibles e incluso divertidos. E consigue todo isto sen degradar en ningún momento a fermosura do texto de Homero.

As ilustracións de Chiara Carrer fan o resto.

Estades listos?
Arriade entón as velas e suquemos todos xuntos o mar da cor do viño!

20/10/09

DECIR NO

J.W. Waterhouse, Ulises e as sereas (1891)


Decir no
decir no
atarme al mástil
pero
deseando que el viento lo voltee
que la sirena suba y con los dientes
corte las cuerdas y me arrastre al fondo
diciendo no no no
pero siguiéndola.




Neste poema da poetisa uruguaia vemos unha clara alusión ao episodio da Odisea no que Ulises pide aos seus mariñeiros que o amarren ao mastro do barco para poder escoitar o canto das sereas. A deusa e feiticeira Circe xa lle advertira dos efectos letais do canto destes seres. Mentres os mariñeiros teñen tapados os oídos con cera, Ulises permanece atado. Dera a orde de que non se lle desatase, nin sequera se o pedía; mesmo indicou que fose atado aínda con máis forza, se pregaba o contrario.
No cadro de J.W.Waterhouse podemos observar a representación das sereas propia da época grega, isto é, como seres alados, con cara humana e corpo de ave. A súa descrición como criaturas con corpo de muller e parte inferior de peixe, cuberta de escamas, prodúcese na Idade Media e nas lendas celtas e xermanas.

18/10/09

E pensar ...


A chegada de Paula ao CPI notouse nun aumento de libros cheos de números e historias sobre misterios matemáticos. Estades pensando en que hai máis libros de texto sobre matemáticas na biblioteca? Non! Non se trata dese tipo de libros, senón de libros de ficción e de xogos matemáticos: diversión asegurada!


E para mostra un botón: "El país de las mates. 100 problemas de ingenio 1", de Miquel Capó Dolz.

100 desafíos que che traerán de cabeza, pero ao final veñen as solucións.

Atreveste con un?


"Unha corda de 40 metros de lonxitude ten os seus extremos atados á parte superior de dous paus de 22 metros de altura. Se a corda está a 2 metros do chan, cal é a separación entre os dous paus?"

A solución no libro, que está esperando a que veñas buscalo.


Se premes na corda, terás a oportunidade de resolver máis curiosidades matemáticas.

16/10/09

E GOZAR ...


E como cada verso é música,


e cada palabra, ritmo,


cada poema é unha canción.


Para traballar o verso e a música, para ler, escoitar, e gozar vos recomendamos esta magnífica páxina: Musicalizando.

Pinchando en CATÁLOGO poderedes buscar as versións musicalizadas dos vosos poetas favoritos ou as cancións en verso dos vosos intérpretes preferidos.

  1. Loquillo interpretando a Pedro Salinas,

  2. Lorca na voz de La barbería del Sur,

  3. Jorge Drexler cantando a Calderón

  4. ou o fermosísimo "Poema 15" de Neruda na voz da incomparable Mercedes Sosa.
Feliz poético e musical fin de semana!

15/10/09

FAIME SENTIR

Unha vez preguntei aos meus alumnos que lles parecía máis difícil: escribir ou ler poesía. A resposta foi unánime, todos coincidiron en que é máis complicado entender os poemas, especialmente cando se trata de lírica.
Contesteilles que ese era o problema: a poesía non está escrita para ser entendida nin sometida á deusa Razón. A lírica é sentimento, é emoción, gozo, estremecemento, sorriso, bágoa, suspiro, nostalxia ... en definitiva, corazón.
Coidado coas lecturas obrigadas e non sentidas, pois son un desatino. O amor pola poesía hai que transmitilo coa propia vivencia, e non estaría nada mal agasallar ao noso alumnado cun poema, entre análise e análise sintáctica (mea culpa), sen pedirlles a cambio un comentario de texto.
Posto que a boa poesía sempre está de moda, non é preciso desesperarse procurando textos que realmente paguen a pena. Temos a Machado, a Alberti, a Federico e a Miguel Hernández, entre outros. Que máis podemos pedir?


Só un rogo facemos á poesía:
POR FAVOR, FAIME SENTIR.





12/10/09

MAL AGOIRO

Voltamos ao cole despois desta pequena ponte. E a data que toca é martes 13. Algúns supersticiosos pensarán que todas as desgrazas dese día serán debidas a esa combinación. En España, Grecia e os países de Latinoamérica o martes 13 considérase un día de mala sorte. En cambio, na cultura anglosaxona o peor día é o venres 13. E os italianos consideran que o venres 17 é un día aciago.
Esta variedade de opinións demostra que calquera día pode ser bo ou pésimo, segundo o que nos aconteza. As supersticións do tipo que sexan (pasar baixo escaleiras, cruzarse con gatos negros, derramar sal, abrir paraugas dentro da casa, deixar sombreiros sobre a cama, usar roupa interior vermella en Noitevella...) non deixan de ser crenzas que non teñen ningún fundamento científico, así que se mañá, martes e 13, tedes algún exame confiade no voso esforzo e non en amuletos e rituais contra a mala sorte.

Dúas recomendacións de boas lecturas para comezar a semana. A primeira é A boa sorte, unha fermosa fábula escrita por Álex Rovira e Trías de Bes, na que aprenderemos que a sorte non é froito do azar, senón que depende de nós mesmos e das nosas accións. E para os pequenos, Boa sorte de María Solar, con ilustracións de Xosé Tomás, o noso convidado do Expocómic 2008.

04/10/09

LLUEVE


O poeta Juan Carlos Mestre foi galardoado co PREMIO NACIONAL DE POESÍA por La casa roja.


Llueve, llueve sobre las cúpulas bruñidas por el beneficio,
sobre los estandartes empapados por la usura del comercio llueve,
llueve sobre los muros del Pontificado y los altares de lo Absoluto,
todo el día llueve bronce sobre las campanas, sangre sobre las espuelas,
llueven monedas de oro sobre el árbol de los abstinentes,
llueve saliva de óxido sobre la teogonía de los metales,
sobre las estatuas fundidas con la brevedad de los hombres,
llueve sobre las llagas barrocas de la fe y sobre la corona de espinas,
sobre San Sebastián según un modelo de Bernini atravesado por el acero,
llueve la polilla del psicoanálisis sobre las negras sotanas,
llueve en las afueras del hombre y en las cercanías del otro hombre que va en él,
llueve sobre una mujer, la lluvia deja de ser lluvia, la mujer deja de ser mujer,
llueve sobre lugares húmedos y el agua de los estanques favorable a la peste,
llueve sobre los puentes y sobre el jardín en la casa de las prostitutas,
llueve sobre los muchachos amenazados por el resplandor de la velocidad
y el reclinatorio de los que van a morir a la edad de los príncipes.
Aquí hay otra escritura, aquí amor y pájaros góticos contra la solemnidad del eco,
aquí las viejas semillas, la madera de cruz plantada por la mano del romano,
el burgo erigido hace ahora dos mil bajo las estrellas que inventó Copérnico,
el mausoleo en cuya avaricia vive predestinada Roma, desvalida y esclava,
el déspota que huye hacia otra ciudad que no existe en un caballo de hierro.
Este es el lugar donde el escéptico le da la mano al inmoral
y llamo inmoral a aquél que carece de la virtud de reconocerse en el otro,
el insumergible en su mina de talco, el que ejerce la jerarquía como innato derecho
y construye su tormento sobre la escoria de otros,
el obsesivo en la negación de los actos ajenos,
el impostor que muta, el himno con el que se alaba lo que se desprecia,
la cautela ante el gozo.
Hablad voces de la decrepitud, hablad bajo los párrafos inciertos
del que padece memoria,
lo que bajo las costillas del puente dedicado a la memoria de Umberto Primero
es escritura de la gran cloaca romana,
allí donde la deformación de la belleza conduce el pensamiento
del hombre a la embriaguez,
donde la persistencia de la hermosura abre su ojo de cíclope y extravía a los adúlteros
por un paisaje con niebla.
Toda la vida se parece a mi vida.
la cabeza de Minerva y la de San Juan Bautista.
el tributo con que paga el hijo la cripta de su padre.
el agua del Nilo con que hace su pan el herrero, la pasta de polvo con que imita
el albañil las piedras,
la destilación de la música en los pasadizos, la lengua del Tíber abriendo
las aldabas de la noche,
toda la vida se parece a mi vida.
el ojo del insubordinado se parece a mi ojo, la boca del inexistente se parece a mi boca,
el gusano pasta la yema del jaguar, la metafísica hace su aparición en la anestesia,
el convicto ha cancelado su pacto con la respiración, el papiro ha cerrado
su acuerdo con las lianas secretas,
la incinerada vocal de la náusea es inminente.

03/10/09

AJMER. Peregrinos del sufismo. A Sufi pilgrimage.

De camiño á biblioteca pareime a esculcar entre as novidades que xa colocaran Marmota ou Anasú e, como era de esperar, o libro deume na vista. Sempre me pasa, teño debilidade polos libros que me achegan ás culturas asiáticas ou de Medio Oriente.


Éste ademais ten dúas características engadidas que tamén me atraen: é un libro bilingüe (dispón de textos en inglés, o que me vén xenial para a aula) e unhas fotografías incribles de Nacho Castelán.


Son fotografías en branco e negro e cada unha delas é xa, por sí mesma unha historia. Para mostra un botón. Aínda que vistas aquí non fagan xusticia.






Despois dun prólogo de Nacho Castelán, unha breve historia escrita por Claire Devos, cun protagonista: Ghani, un peregrino coma tantos. E, por último, unha reportaxe fotográfica estupenda. Intercalados entre as fotografías, uns preciosos versos escritos en árabe (as traducións ao final). Se queredes saber algo sobre o sufismo presionade sobre a imaxe.


E agora disfrutade dun momento de trascendente tranquilidade co seguinte vídeo.

PASEN E VEXAN