29/09/09

"TRABALLANDO XUNTOS"



E vin a Sísifo, que soportaba pesadas dores,

levando unha enorme pedra entre os seus brazos.

Facía forza apoiándose con mans e pés

e empurraba a pedra cara arriba, cara o cume,

pero cando ía a trasponer a crista,

unha poderosa forza facíaa volver unha e outra vez

e rolaba cara a chaira a desvergoñada pedra.

Sen embargo, el empurrábaa de novo cos músculos en tensión

e a suor esbaraba polos seus membros e o po caía da súa cabeza.

(Homero, Odisea, XI, 593-600)


Hoxe, 30 de setembro, Día Internacional do Traductor, debemos rendir homenaxe a todos aqueles que, case sempre na sombra, fan posible que as grandes obras da literatura de onte e de hoxe estean ao alcance de calquera lector e en case calquera lingua.

Se hai algo que as novas tecnoloxías están moi lonxe de conseguir é o difícil e laborioso proceso de verter dunha lingua a outra as coidadas palabras dunha obra literaria.

De feito, as nosas vidas non serían as mesmas se non poidésemos ter acceso a tantas e tantas obras deliciosas escritas en outras linguas e que enchen as nosas biografías.
Facede memoria e tentade redactar o voso diario de lecturas!
Comprobaredes que sen o labor dos traductores quedarían moitísimos espazos valeiros.
Como poderíamos ter lido sen eles as obras de Lewis Carrol, Roald Dahl, Astrid Lindgren, Andersen, Shakespeare, Virxilio, Paul Auster ou Haruki Murakami?

Sen embargo non é un oficio ben recoñecido e moito menos pagado. Por iso, dende Ars Legendi queremos unirnos ao manifesto da FIT (Federación Internacional de Tradutores) que ten como lema neste ano 2009 TRABALLANDO XUNTOS.

Xuntas, as bibliotecas escolares podemos traballar por dignificar unha profesión que tan magnífica labor está a facer pola difusión da cultura universal na nosa lingua.

28/09/09

MARABILLOSA ALICIA

Lewis Carroll é o autor dunha das historias máis fascinantes da literatura inglesa, Alicia no país das marabillas (Alice´s adventures in Wonderland). Son ben coñecidas as extraordinarias aventuras que esta rapaza vive desde o momento en que un Coello Branco pasa por diante dela agobiado pola présa.

Proximamente poderemos disfrutar do xenio creador dun autor igualmente engaiolante, Tim Burton, e a súa particular visión da obra de Carroll.







E para que a espera non se faga insoportable, xoguemos!

Coñeces os nomes dos tres actores que aparecen nas imaxes caracterizados un coma sombrereiro e as outras dúas coma raíñas? Como se chaman e que personaxes interpretan? Se sabes a resposta pasa pola biblio... hai un agasallo agardando por ti!

22/09/09

CACA MÁXICA, NEVE DE CORES E UNHA ILLA QUE REMA

Cres que é posible que a caca sexa máxica?

Cres que se pode pintar de cores o polo Norte?

Cres que unha illa no medio do océano pode aprender a remar?


Cres que é necesario saber ler para ler un cómic?



Nos novos títulos da colección Mi primer cómic da editorial Mamut comprobarás que todo iso e moito máis é posible.


Na Serie +3, para lectores que "non saben ler" poderedes saber que aventuras vive un paxaro cagón, un pequeno coello e unha enorme caca máxica (La caca mágica, Sergio Mora), ou Federico, un osiño polar aburrido e seu amigo o pingüín (Federico, tenis sobre hielo, Maxi Luchini) só con prestar moita atención ás súas xeniais ilustracións.

Viñetas que achegan ao pequeno lector un relato completo, cheo de detalles, humor, emocións e soños que descubrirá só e sen necesidade de texto.







Na Serie +6, para os primeiros lectores, da que xa coñecíamos a Astroratón e a Puck el gnomo, Jacobo Fernández nos presenta a Marcopola, unha illa solitaria que se aburre ata que a marea deixa na súa orilla un remo que cambiará a súa vida.

Viñetas desbordantes de tenrura, fantasía, emocións e aventura a partes iguais que de seguro vos entusiasmarán.


Se queredes botarlle unha ollada on-line a estes comics, podedes lelos en rede na páxina da editorial: http://miprimercomic.com/.
E como mostra, un botón...

16/09/09

RISCO DE CONTAXIO

Como ben sabedes, mañá comezan as clases en Secundaria. Ante tal acontecemento queremos alertar a pais, nais e alumnado en xeral dun fenómeno que a todos pode afectar de xeito imprevisto. Non, non estamos a falar da gripe A; estámonos a referir a algo moito máis contaxioso: o devastador bocexo (tamén chamado boqueada), provocado por causas tan dispares como son o sono, a fame ou o aburrimento. Se vedes alguén bocexando, fuxide decontado ou tamén vós comezaredes a abrir a boca e pechar os ollos mentres emitides unha especie de lánguido lamento...

En moitos fogares, esta tarde-noite escoitaranse as recomendacións de nais e pais anguriados ante a posibilidade de que os seus fillos queden atrapados nunha rede de bocexos durante as clases, e tentarán por todos os medios que os rapaces se deiten cedo.
Cuando un padre afligido
le dice a su hijo acuéstate pequeño
y duérmete seguido
es que quiere a la par hacerse dueño
del hijo y de su sueño.
(El mando paterno, Carlos Edmundo de Ory)

10/09/09

Comeza a aventura!

Hoxe comezamos a aventura dun novo curso e, como aventureiros expertos que xa somos, traemos a nosa mochila preparada para calquera emerxencia:

  • Un botiquín de consellos para evitar contaxiarnos da gripe A,
  • lápices e gomas para traballar sen erros,
  • un cargamento enoooorme de mimos acumulados durante o verán,
  • un caderno de viaxe onde apuntar cada detalle da aventura que comezamos
  • e o noso carné de biblioteca, ansioso por levar para a casa as aventuras dos nosos heroes favoritos.

Xa que a biblioteca arrancará o curso co Expocómic, nada coma unhas fantásticas viñetas para abrir boca.

Nos dous primeiros volumes de El viaje de Darwin de José Fonollosa (a obra completa consta de 5 partes) viviremos de cerca as viaxes do xoven Darwin, un mozo namorado da natureza e a bioloxía que acabará revolucionando as teorías sobre a orixe das especies.


En Endurance, de Luis Bustos, coñeceremos o sufrimento extremo na loita pola supervivencia da tripulación do Endurance, o barco que capitaneou Ernest Shackleton en 1914 no seu intento de atravesar a Antártida a pé. Non o conseguiron e pasaron 22 meses aillados no continente branco, atrapados entre o xeo e case sen esperanzas de volver con vida á civilización. Unha aventura estarrecedora que non vos podedes perder.

E, por último, para aqueles aos que lles gusta preparar como é debido unha arriscada aventura, a Guía de supervivencia de Emi y Max será unha lectura fundamental...
Con esta guía non haberá viaxe que se vos resista e aprenderedes dun xeito divertido como sobrevivir na xungla, no deserto, no xeo, na sabana, na alta montaña, no bosque ou no mar, con centos de trucos para orientarvos, protexervos do perigo ou conseguir alimento ou auga.

FELIZ AVENTURA A TODOS!

Nieve



"Hoxe hai corenta días do suicidio da nosa amiga Teslime. De todas nosoutras, Teslime era a máis convencida na loita pola relixión e pola palabra de Deus. Para ela, o velo non so representaba o seu amor por Deus, senón que tamén era un signo da súa fe e da súa honra. A ninguen se lle pasaría pola cabeza que fose suicidarse. Os profesores na escola e seu pai na casa presionábana para que se descubrise a cabeza, pero ela resistíase."
" Se Deus non existe, iso quere dicir que non hai paraíso. E se é así, millóns de persoas que se pasan a vida entre carencias, pobreza e opresión nin sequera poden ir ao ceo.
Entón, que significado ten todo o sufrimento dos pobres? Para que vivimos e sufrimos en van?"

Estes dous fragmentos pertencen ao libro Nieve, do nobel turco Orhan Pamuk, editado por Alfaguara, desgrazadamente aínda sen tradución galega. Nel podemos ver a Turquía actual e as contradicións relixiosas e políticas do ser humano a través dos ollos dun poeta laico de Estambul que viaxa a unha remota cidade na que se producen unha vaga de suicidios de rapazas ás que se les impide levar velo (pese a que o suicidio está prohibido polo islam).Aquí namorarase dunha rapaza divorciada...
Unha obra que nos suscitará o interese por ler outras do autor como a premiada Me llamo Rojo,ou El libro negro (recomendado por Juan Goytisolo) á vez que nos abre a mente a outras culturas non tan diferentes da nosa.

05/09/09

MARCHAMOS A OURENSE?


Do 1 ao 18 de outubro terá lugar en Ourense as XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, a mostra galega máis antiga de cómic e banda deseñada.

A biblioteca abrirá as súas portas de novo este curso co noso Expocómic 2009 e coa visita dun ilustrador galego que vos impartirá un obradoiro de cómic (non podemos dar nomes, será unha sorpresa, je, je).

Poderíamos completar o noso mes comiqueiro cunha visita á cidade das Burgas?

Alí poderemos contemplar exposicións dos traballos de autores de renome coma
o galego David Rubín

e moito máis.

Quen se apunta?

PASEN E VEXAN