30/05/09

PREMIOS COMECOCOS 2009

Hoxe no recreo tivo lugar o peche da edición
do Comecocos 2009.
Os participantes que acertaron todas as preguntas foron:


Aroa Germil,
Elvira Bahamonde,
Tania Paredes
Claudio Pena
Os catro eran aspirantes a gañar un MP4,
resultando premiada, nun sorteo público, Aroa.
Noraboa, campiona!


Os outros tres finalistas tamén tiveron os seus agasallos,
así como algúns dos asistentes ao acto.



Grazas a todos os participantes desta edición.
Sabemos que houbo algunhas preguntas complicadas,
pero sempre paga a pena esforzarse
para acadar o que queremos.
Ata o vindeiro Comecocos!

28/05/09

"Un pouco de luz e un pouco de mel"

Quen mellor que un académico da lingua que coñeceu persoalmente a Ramón Piñeiro para falarnos da súa figura?
Que mellor personaxe para entrevistar que un comunicador coma Xesús Ferro Ruibal, conductor do programa diaro da TVG "Ben Falado", investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, filólogo e humanista namorado da fraseoloxía, da onomástica e sobor de todo, da nosa lingua?

Hoxe os alumnos e profesores de ESO gozamos dunha entretida e enriquecedora conversa con el e, a partir das preguntas que lle foron facendo rapaces e rapazas, soubemos dos complicados interiores dun programa que dura tan só 3 minutos, de etimoloxías e palabras latinas, das distintas formas de falar o galego, do traballo normativo da Real Academia, é dicir, "de luz e de mel", pois ese é o segredo do "Ben falado": proporcionar aos que o miran algo de luz en forma de información, e algo de mel, en forma de agarimo e tenrura pola nosa lingua e pola nosa cultura.

Para os que queredes saber algo máis sobre a figura de Xesús Ferro vai esta breve presentación.

E para os que nunca víchedes o seu programa, un botón de mostra...



Moitas grazas, Xesús, e abur!

26/05/09

POESÍA CON MÚSICA


and i've waiting all day long

Agardei todo o día
por ela
e molleime na chuvia
de menta

Percorrín certas rúas
ás cegas
e nin dei co seu corpo
de area

Procurei os seus ollos
de néboa
e fiquei afundido
na ausencia

Convertín sentimentos
en verbas
e deitei catro bágoas
nas pedras

Agardei todo o día
por ela
e sentín o rabuño
da espera


Antonio García Teijeiro, Petando nas portas de Dylan: Fermoso poemario creado a partir das cancións de Bob Dylan no que cada poema arrinca a partir dun verso de Dylan que Antonio recrea e reinterpreta cun novo poema. Ao igual que o cantautor norteamericano, afronta temas moi diversos, dende a protesta e a denuncia das inxustizas (nenos soldado, inmigración, pobreza, paro, exilio,...) ata o amor, o desamor, a natureza ou a paz.
Unha ilustración de Xosé Cobas acompaña a cada poema aportando a interpretación plástica do mesmo.

Un libro pensado para lectores de máis de 12 anos, ese tramo de idade para o cal é tremendamente difícil atopar publicacións de poesía en lingua galega, e co valor engadido de que aproxima aos lectores á música e á figura de Bob Dylan. Unha oportunidade excelente para traballar conxuntamente música, plástica e poesía.

24/05/09

The host de Stephenie Meyer

Está claro que vos encantou a saga Crepúsculo. Os libros non chegaban a repousar na estantería, sempre en danza, de man en man.
Pois ben, agora xa temos "The host", o primeiro volume doutra saga, unha triloxía. De vampiros pasamos a alieníxenas.



Despois de que os alieníxenas invadan a Terra, os habitantes do planeta convértense en receptores de extraterrestres, que se instalan no seu corpo. Melanie Stryder, é unha das humanas sen invadir que aínda quedan. Ela e a súa alma invasora comezarán unha aventura en busca de Jared (volvemos ter triángulo amoroso). Non conto máis.

A pesar de que poidese parecer unha obra de ciencia ficción tipo "Alien", non atoparás elementos típicos: nin pistolas láser, nin mundos extraterrestres, ... Todo sucede na Terra e a historia é moi "humana". Stephenie presenta a saga como ciencia ficción para xente á quen non lle gusta a ciencia ficción (Science fiction for people who don't like science fiction).
¿Queredes saber máis? Concedido, e por boca da autora. Só tedes que reproducir o vídeo que tendes a continuación.
Ata pronto!

Stephenie Meyer - The Host interview

Neste vídeo Stephenie fala sobre "The host". Non conseguín atopar un vídeo que estivese subtitulado, conque tomádeo coma un reto, a ver si polo menos entendedes o sentido xeral da entrevista. E senón, xa sabedes que podedes preguntarme a mín ou a calquera do departamento de inglés (primaria ou secundaria).

19/05/09

A ministra que escribe contos

Non podemos nin debemos entrar en xuízos morais sobor da posición da nosa ministra de cultura fronte as descargas por internet. Sen embargo si que sentimos certo abraio, incluso vergoña, cando, ao buscar información na rede sobre ela, topamos cun número inmenso de enlaces a páxinas nas que se lle vitupera, menospreza ou directamente se lle invita a deixar o seu cargo (González-Sinde pírate seica arrasa en Facebook).

Polémicas aparte, Ángeles González-Sinde conta cunha abraiante colleita de éxitos como guionista e directora de cine pois saíron da súa pluma os guións das inesquecibles películas de Ricardo Franco La buena estrella e Lágrimas negras así como o da súa tan premiada producción La Suerte dormida.

O que non sabiamos era que tamén é unha estupenda narradora de literatura infantil e que levou xunto con Jordi Sierra i Fabra, o Premio Edebé de literatura infantil 2006 coa súa primeira obra Rosanda e a arte de maxia.


Nesta primeira historia coñecemos a Rosanda-Amapola e o pequeno círculo de persoas que enche a súa vida: mamá Violeta, a avoa Queti, seu irmán Mauro, alcumado “minimarido”, Blanca, a mellor amiga de mamá, Tomi, seu mellor amigo e a señorita Nati, a profe. Todos eles continúan presentes na súa vida na segunda parte que ven de saír á luz: Rosanda y el mar de cristal.

Dúas narracións deliciosas, tenras, divertidas e moi emocionantes nas que a autora é capaz de mostrarnos o mundo dende dous puntos de vista ben diferentes:
  • Rosanda, unha nena de 7 anos, inxenua, optimista, atrevida e loitadora.

  • E Violeta, unha nai soa con dous fillos, moito traballo e unha anguria que a come por dentro pero que non pode deixar ver: o paradeiro do seu home, desaparecido nunha misión humanitaria en Bolivia.
Nos dous relatos emprenden xuntas unha viaxe,
  • a Exipto, na procura dos Reis Magos (Rosanda ten algo moi importante que pedirlles).
  • e a Bolivia, en busca do pai desaparecido.

Vivirán xuntas aventuras para rir e chorar e con elas coñeceremos mundos diferentes, culturas lonxanas e xente marabillosa e, o máis importante, Rosanda nos mostrará (tamén a Violeta) o importante que é confiar no que nos di o corazón (por moi disparatado que nos pareza) e a loitar na procura dos nosos soños.

Tamén en ambas historias a autora sazona as aventuras das dúas ousadas viaxeiras con esceas cotiás cheas de humor e tenrura: unha avoa que nunca atopa as gafas, un irmá que esperta cada noite e non deixa durmir a ninguén, unha nai agobiada que aproveita un semáforo vermello para romper a chorar... Esceas que namoran ao lector tanto ou máis que as emocións na selva boliviana, ou no salar de Uyuni (o mar de cristal), onde por fin atoparán a papá Octavio, ferido e canso nunha casa feita de sal e sobrevivindo grazas ao fillo do Jukumari.


Non deixedes de coñecer a Rosanda. Unha lectura para grandes e pequenos coa que aprender, divertirse e emocionarse tamén.

18/05/09

Mario Orlando Hamlet Hardy Brenno Benedetti

Este nome tan cargado de resonancias literarias non podía caerlle mellor a este escritor uruguaio, eterno candidato ao premio Cervantes, que nos deixa a súa obra, sinxela e complicada, fermosa e desgarradora, sempre personalísima. Lemos a noticia do seu falecemento no xornal La Nación, e lembramos un dos seus poemas máis fermosos.


Te quiero
Tus manos son mi caricia

mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro

tu boca que es tuya y mía
tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca
sabe gritar rebeldía

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero

y porque amor no es aureola
ni cándida moraleja
y porque somos pareja
que sabe que no está sola

te quiero en mi paraíso
es decir que en mi país
la gente viva feliz
aunque no tenga permiso

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho mas que dos.

17/05/09

HISTORIETA GALEGA

Continuando coa súa gran labor pola difusión da banda deseñada/cómic/historieta galega El Patito Editorial presenta o terceiro volume da Biblioteca de Clásicos da Historieta Galega. Esta nova entrega leva por título O máxico arrecendo e outras histoiras. Trátase dunha reedición de traballos de Fran Bueno desde 1987 a 1994. A historia que da nome ao libro transpórtanos ao Medievo galego no que viquingos, mouros, tesouros máxicos e monxes comparten protagonismo. Moi diferente é a historia que pecha a obra, Ramón e Rosario, que se desenvolve no interior da cafetería Derby de Santiago, e foi Primeiro Premio do X Concurso Galego de Cómics Xuventude (1994).


Tamén El Patito editou un DVD titulado 35 anos de historieta galega, no que se fai un percorrido de 55 minutos pola historia do cómic galego desde a década dos anos 70 ata a actualidade.


Unha última recomendación: Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo (Demo Editorial), presentada como a primeira banda deseñada sobre as guerras irmandiñas. Tivemos a oprtunidade de asistir á presentación da obra na libraría Kómic de Santiago e Manel Cráneo dedicounos un exemplar demostrando a súa destreza como debuxante.

Veremos algún 17 de maio a un dos grandes ilustradores e guionistas galegos sendo homenaxeado?

14/05/09

LA CARICIA PERDIDA


Se me va de los dedos la caricia sin causa.
Se me va de los dedos... En el viento, al rodar
la caricia que vaga sin destino ni objeto,
la caricia perdida, ¿quién la recogerá?

Pude amar esta noche con piedad infinita,
pude amar al primero que acertara a llegar.
Nadie llega. Están solos los floridos senderos.
La caricia perdida, rodará... rodará...

Si en los ojos te besan esta noche, viajero,
si estremece las ramas un dulce suspirar,
si te oprime los dedos una mano pequeña
que te toma y te deja, que te logra y se va.

Si no ves esa mano, ni la boca que besa,
si es el aire quien teje la ilusión de llamar,
oh, viajero, que tienes como el cielo los ojos,
en el viento fundida, ¿me reconocerás?

Languidez, 1920

12/05/09

CRÓNICA COMECOCOS. Semana 2

Tras unha semana de COMECOCOS e 4 duras e retorcidas preguntas....

A lista de acertantes vai encollendo na medida en que a dificultade das preguntas vai en aumento...

Daredes a talla, pequenos aprendices de sabios?



Vaia caras de sopresa! Seica a cousa se pon difícil...

Si, si, xa volo advertimos, as vosas neuronas serán exprimidas, o voso inxenio machacado, ... e SÓ UN DE VOS será merecedor dos LOUREIROS do triunfo.

(Na vindeira semana, unha nova e espeluznante crónica, estade atentos)

09/05/09

Mil soles espléndidos - Khaled Hosseini

Afganistán ... Burkas ... Bombardeos ... E no medio de todo Mariam e Laila, dúas mulleres, dúas xeneracións que comparten un destino... .
Hai ocasións nas que unha imaxen vale por 1000 palabras. Pero unha imaxe non podería expresar todo o horror e a anguria que sentín lendo esta novela que plasma a cruda realidade dun país en guerra perpetua.
Non pretendo, nin por asomo, quitarvos as ganas de ler o libro. Todo o contrario, acompañar a Mariam e Laila será unha experiencia inolvidable, chea de sentementos encontrados, impregnada dunha humanidade absoluta. O libro engánchate dende o principio, con gran intensidade.

Estando nunha situación de privilexio total, case que é o menos que podemos facer. O feito de sentir a inxusticia que moitos sufren por ter nacido nun tempo e lugar desafortunados, fainos máis solidarios.

Elexín un estracto do libro, non completo, de cando os talibáns asumen o poder.

“Nuestro watan se conocerá a partir de ahora como Emirato Islámico de Afganistán. Éstas son las leyes que nosotros aplicaremos y vosotros obedeceréis:
...
Se prohíbe cantar.
Se prohíbe bailar.
Se prohíben los juegos de naipes, el ajedrez, los juegos de azar y las cometas.
Se prohíbe escribir libros, ver películas y pintar cuadros.
...
Atención mujeres:
Permaneceréis en vuestras casas. ...
No mostraréis el rostro bajo ninguna circunstancia. Iréis cubiertas con el burka cuando salgáis a la calle. Si no lo hacéis seréis azotadas.
...
Se prohíbe a las niñas a asistir a la escuela. ... ”


E, agora sí, para rematar ... unha imaxe, con link:


04/05/09

PREMIOS ESPIRAL 2009

Rapaces e compañeiros,
estamos encantadas de comunicarvos que o blog da biblioteca,
este que con tanto esforzo e agarimo sacamos adiante,
foi galardoado co Premio Planetalector de Fomento da Lectura en Primaria.
Para nós este recoñecemento supón un pulo para continuar cunha tarefa
que non sempre é doada, pero si gratificante.
Dende aquí o nosos agradecemento a todos os que fan posible que dediquemos tempo ao noso querido Ars Legendi.

Nós, como xa fixera Don Quixote, retomamos o romance anónimo que di

Mis arreos son las armas
mi descanso el pelear,
mi cama los duras peñas,
mi dormir siempre velar;
las manidas son oscuras
los caminos por usar,
así ando de sierra en sierra
por orillas de la mar,
a probar si en mi ventura
hay lugar donde avadar;
pero por vos, mi Señora,
todo se ha de comportar.

03/05/09

3, 2, 1...XA!

ATENCIÓN, ALUMNAS E ALUMNOS DE ESO!
Mañá, luns 4 de maio, comeza o COMECOCOS 2009.

Lembrade que só poderedes participar se non tedes material da biblioteca sen devolver no prazo correspondente; no caso de que sexades morosos, bulide para devolver ou renovar os vosos préstamos!

Ás 10 da mañá publicaremos a primeira pregunta no taboleiro do concurso. O prazo para presentar a vosa resposta rematará no momento en que se publique a segunda pregunta: o mércores ás 10h. E así cada luns, mércores e venres ata o 29 de maio.

Un consello: non vos conformedes coa primeira resposta que atopedes na Wikipedia, nin co que opinen os compañeiros; fixádevos con moita atención na pregunta, buscade ben, contrastade as fontes, comprobade a veracidade das respostas e escribide correctamente porque calquera erro invalidará a resposta e quedaredes fóra do concurso.

ANIMÁDEVOS, QUE O ESFORZO PAGA A PENA.
MOITA SORTE!

PASEN E VEXAN