Antón Kraszowski vive coa súa avoa non por ser orfo nin por que seus pais marcharan lonxe en busca dun traballo co que poder mantelos.Os pais de Antón teñen bos traballos e non lles falta de nada. Vive coa avoa porque papá e mamá non teñen tempo de atender a seu fillo.
"No se puede educar a un hijo de forma adecuada cuando uno se toma en serio su
carrera" dicía súa nai chea de razón.
Antón detesta a súa escola e sobre todo ao seu profesor Thierry porque ten un extraño sentido do humor que lle fai divirtirse coa burla constante dos seus alumnos e, en especial de Antón.
Un encontro casual cunha profesora de música será o comezo dunha vida nova:
- Antón descubre en si mesmo unhas habilidades que descoñecía,
- atopa unha nova escola na que librarse do profesor Thierry,
- coñece a Perla, unha pequena violonchelista que será a súa mellora amiga e
- o máis importante, da man da súa avoa, fai da música a súa paixón e do piano a súa voz.
Fermosa novela da autora francesa Agnès Desarthe ilustrada por Adrià Fruitós para a editorial Edelvives a través da cal asistimos ao máxico cambio de vida de Antón, seducido case por azar por un mundo que descoñecía pero que acaba sendo a súa paixón.
Un fermoso exemplo para traballar nas aulas a autoestima e a convicción de que cada persoa é especial e está dotada para algunha cousa.

Todos somos excepcionais en algo, o máis difícil é atopalo.

















