29/03/09

MOITA MERDA!



O pasado venres 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro (creado en 1961 polo International Theatre Institute. Compañías de teatro de todo o país, institucións e afeccionados saíron ás rúas ou subiron aos escenarios para celebralo e escoitar a mensaxe deste ano, escrita polo dramaturgo brasileiro Augusto Boal.
Vía Lecturalia coñecemos o texto completo da mensaxe do que vos traducimos uns fragmentos:

"Todas as sociedades humanas son espectaculares na súa vida cotiá e producen espectáculos en momentos especiais. Son espectaculares como forma de organización social e producen espectáculos como este que ustedes veñen a ver.
Ainda que inconscientemente, as relacións humanas estructúranse de forma teatral: o uso do espazo, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación de ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: ¡nosotros somos teatro!
Non só as vodas e os funerais son espectáculos, tamén os rituais cotiás que, pola súa familiaridade, non nos chegan á consciencia. Non só pompas, senón tamén o café da mañá e os bos días, os tímidos namoramentos, os grandes conflictos pasionais, unha sesión do Senado ou unha reunión diplomática; todo é teatro.
Unha das principais funcións da nosa arte é facer conscientes eses espectáculos da vida diaria onde os actores son os propios espectadores e o escenario é a platea e a platea, escenario. Somos todos artistas: facendo teatro, aprendemos a ver aquelo que resalta aos ollos, pero que somos incapaces de ver ao estar tan afeitos a miralo. O que nos é familiar convírtese en invisible: facer teatro, ao contrario, ilumina o escenario da nosa vida cotiá. (...)
Vendo o mundo, ademais das apariencias, vemos a opresores e oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castas, vemos o mundo inxusto e cruel. Temos a obriga de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible.
Pero nos incumbe a nós construilo coas nosas mans entrando en escena, no escenario e na vida. (...)"


Dende a biblioteca queremos convidarvos a conmemorar tamén na escola esta data. Convirtámonos todos nesta semana en actores improvisados. Aproveitemos as nosas Horas de Ler para ler teatro xuntos, en voz alta e meténdonos cada día, durante 20 minutos na pel de Romeos, Xulietas, Avaros, Tenorios, Bernardas, Electras, Edipos, Tartufos, Antígonas, Eloísas, deixemos de ser profes e alumnos, inventemos outro mundo por unha semana!


Atoparedes a nosa colección de teatro ao voso alcance no noso PUNTO DE INTERESE.


Todos listos?
Ábrese o pano
Moita merda a todos! (e ollo con vestirse de amarelo)

27/03/09

ALEA IACTA EST!


Rematou o prazo. A sorte xa está botada. Os artistas de educación infantil e primaria xa entregaron as súas creacións para o concurso de debuxo "O meu deporte favorito".

Na vindeira semana, tras sesudas deliberacións, no equipo de biblioteca escolleremos aos gañadores de cada categoría e ATENCIÓN TODOS!, o venres 3 de abril faremos entrega dun fantástico premio aos afortunados.

Ese mesmo venres recibiremos a visita de Chema, un monitor dun deporte espectacular e emocionante, o Tae-kwon-do acrobático, que nos mostrará videos increíbles e nos contará como se entrenan para chegar a facer cousas coma estas...

Recordade, ás 10.00 horas para ESO e ás 11.00 para 2º e 3º ciclo de EP.


E para rematar o noso mes de deporte e biblioteca, (e tamén para despedir o trimestre e comezar coa operación bikini de cara ao verán que xa está cerca...), poderedes todos participar dende as 12.00 nun maratón de xogos e deportes populares (corda, carreiras de sacos, tiros de triples, voleibol, badminton...)
Vide preparados, chandal, calzado deportivo e sobre todo, moitas ganas de pasalo ben...

25/03/09

MÁIS EMOCIÓNS!


Ás veces, para os máis pequenos non é fácil enfrontarse ás súas propias emocións, recoñecer que se sinten celosos, tristes, sós ou que teñen medo.

Ás veces, tampouco é doado para os que somos adultos recoñecer neles, nas súas rabietas, nas súas bágoas, na súa risa tola ou na súa cariña enfurruñada, unha preocupación, unha alegría inmensa, unha petición de axuda ou unha necesidade imperiosa de cariño.

A editorial SM da man da deseñadora e ilustradora de libros infantiles Trace Moroney ten publicada una preciosa serie de contos sobre emocións e sentimentos infantís.

Nelas, un coelliño nos conta cómo se sinte cando está celoso, contento, enfadado ou enfermo, cando se sinte querido, ou pola contra, cando se sinte ou ten medo.

Unha edición moi coidada, con releves e texturas para que os máis pequenos poidan escoitar e tocar á vez e que lerán con moito gusto os primeiros lectores.
Todos inclúen ademáis unha pequena guía para pais e nais ao final de cada libro con orientacións moi útiles para afrontar os pequenos conflictos cotiás e para aprender a comprender e comunicarnos emocionalmente cos cativos da casa.
Acaban de chegar á biblioteca, esperando ser acariñados por todos vos...

24/03/09

Con Guatemala de fondo.




Os voy a comentar un poco el último libro que leí. Se trata de "Piedras encantadas", de Rodrigo Rey Rosa con R de Rotundo.


El título podría hacernos pensar en un libro amable, una historia vestida de magia. Pero, la portada nos hace sospechar que podríamos errar el tiro.


Y en efecto, en este libro nos asomamos a la cruda realidad de una Guatemala en donde sobrevivir no resulta fácil, sobre todo si eres un niño que desde los 5 años vive en la calle e inexorablemente te ves abocado a la delincuencia. O donde morir a manos de un sicario está a la orden del día.


Os preguntaréis si aún así vale la pena leerlo. La respuesta es un gran SÍ. A pesar de la crudeza con que está teñido, el relato tiene un trasfondo de ternura y está escrito de forma prodigiosa, a mi modesto parecer.


Os dejo esta dirección web, por si os apetece saber algo sobre el escritor.



21/03/09

21 de marzo, Día Mundial da Poesía




"A diversidade lingüística é unha das formas máis valiosas que asume a diversidade cultural. Grazas a que son capaces de captar a infinita variedade do mundo e que se prestan á traducción, as linguas poden articular a singularidade e a universalidade. Este vínculo maniféstase con máxima intensidade na poesía. Toda lingua ten a súa."

Así comeza a mensaxe do Sr. Koichiro Matsuura, Director Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Poesía de 2009.

E continúa:
"Merced ás súas asociacións e metáforas, e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe, pois, outra faceta posible de diálogo entre as culturas."

Celebremos pois este día oficial e o fermoso comezo da primavera lendo e regalando poesía.


CON LA PRIMAVERA

Con la primavera
Viene la canción,
La tristeza dulce
Y el galante amor.

Con la primavera
Viene una ansiedad
De pájaro preso
Que quiere volar.
No hay cetro más noble
Que el de padecer:
Sólo un rey existe:
El muerto es el rey.



17/03/09

QUERO SER ESCRITORA

Chega unha ponte estupenda que podemos dedicar a descansar, pasear, viaxar, durmir, cantar, bailar e... escribir.

A escritora Paola Zannoner, que tamén foi bibliotecaria, redactora e crítica literaria, é autora dunha novela titulada Quiero ser escritora. Está protagonizada por Mía, unha rapaza de 13 años que quere ser escritora. Revisando os seus antigos diarios, decide participar nun concurso que ten como premio asistir a un curso de escritura con coñecidos autores.

Na novela altérnanse aventuras que conta no diario e vivencias do presente. Mistura entre elas as explicacións sobre como narrar unha boa historia. Velaquí un exemplo:
"A veces no hace falta cargar mucho la mano con la descripción de un personaje baboso, como el tal Jean-Pierre. A veces dedicar una página entera a contar lo odioso y lo vago que es, puede llegar a convertirlo en un personaje graciosos, una especie de héroe negativo. En cambio, para retratarlo basta con unos cuantos rasgos significativos, como cuando me tocó con las manos frías, o ese tono de voz falso; pero lo más importante es elegir las aplabras cuidadosamente (...), como "meloso", que significa empalagoso, y se dice de alguien falso y presumido."

Xa sabedes, nunca é tarde para atopar a nosa verdadeira vocación. A escribir!

15/03/09

EN FORMA


Quen dixo que o deporte está reñido coa lectura? A biblioteca está a se poñer en forma e para estar ao día en exercicios cardiosaudables, deporte, aventura, entrenamento e dieta sa non vos queda outra que vir polo noso punto de interese.



Xa están expostas as primeiras creacións para o concurso de debuxo. Non vos despistedes, o día 27 remata o prazo e os premios serán DE CAMPEONATO!

12/03/09

¡QUÉ EMOCIÓN?

Edicións SM ven de publicar un fermosísimo libro sobre emocións, sentimentos e estados de ánimo na infancia: o album da autora francesa Cecile Gabriel, titulado ¡Qué emoción? o Cómo saber lo que se lleva dentro.


Uns textos sinxelos e unhas fotografías en branco e negro marabillosas, que semellan captar máxicamente cada instante de emoción nas caras dos rapaces retratados, fan da lectura deste libro unha experiencia fantástica. Podemos vivir e sentir con eles o medo, o amor, os celos, a sorpresa, a impaciencia, a vergoña, a tristeza, a timidez, a ousadía, o orgullo, a soidade, ...

(Quen non se sentiu así en clase algunha vez?)


Tenro, divertido e sorprendente (grazas ás ventanas que só nos insinuan cada foto antes de visionalas completas). Podedes ver un extracto de mesmo na súa edición en francés neste enlace (http://www.cecilegabriel.com/publications/quelle-emotion).
Para mirar e remirar, para non perderse.

07/03/09

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora.

Unha pequena dedicatoria a todas as mulleres en xeral, e aos homes que cren e practican a igualdade como un estado natural do ser humano.

Elexín un vídeo adicado ás mulleres traballadoras, con música de Luar Na Lubre. A canción "Centeás", pertence ao seu álbum "Camiños da Fin da Terra".
Xabier Cordal é o autor da letra.
A nai do poeta Xabier Cordal, era unha desas mulleres traballadoras da costa que certo día baixaron a Centeás e colleron o autobús para a cidade, pero que retorna sempre a Cariño a través do seu recordo.




06/03/09

DEPORTE E BIBLIOTECA

Este mes de marzo o punto de interese da biblioteca son OS DEPORTES. Alí podedes atopar cantidade de libros sobre os vosos deportes favoritos, sobre a maneira de poñervos en forma en pouco tempo e sobre o importante que é ter un corpo san para sentirnos ben.

Para que nos faledes do voso deporte favorito convocamos un Certame de debuxo para Educación Infantil e Primaria co título: "MENS SANA IN CORPORE SANO" (frase que acuñou un poeta latino chamado Juvenal alá polo século I).

Aquí tedes as bases do concurso:

  1. A participación neste concurso é completamente VOLUNTARIA.
  2. Poden participar todos os alumnos e alumnas de EI e EP.
  3. O título do seu debuxo será: “O meu deporte favorito”.
  4. O debuxo debe presentarse nos papeis oficiais entregados pola biblioteca.
  5. Cada concursante só pode entregar UN ÚNICO DEBUXO.
  6. Non se aceptarán traballos anónimos, cada concursante debe indicar o seu nome e curso no reverso do papel oficial.
  7. Podedes empregar ceras, rotuladores, lapis, témpera, acuarela …
  8. O prazo de entrega de traballos remata o VENRES 27 DE MARZO.
  9. Os debuxos serán expostos nos paneis da entrada da biblioteca.
  10. Establécense 4 categorías: Educación Infantil, 1º Ciclo de EP (1º e 2º), 2º Ciclo de EP (3º e 4º) e 3º Ciclo de EP (5º e 6º).
  11. O equipo de biblioteca seleccionará UN DEBUXO PREMIADO en cada categoría.
  12. O autor/a de cada debuxo premiado recibirá un agasallo.

Para a vosa inspiración contades con moitos libros sobre deportes. Todos eles estarán expostos no punto de interese do mes e podedes levalos en préstamo co voso carné de biblioteca.

VEÑA, TODOS A DIBUXAR... E A FACER DEPORTE, CLARO!

04/03/09

De mulleres e flores


As sinxelas e cotiás historias de dúas mulleres na Korea tradicional, unha nai viúva que rexenta unha taberna, Namwon, e a súa filla Ihwa convírtense en poesía visual da man do autor coreano Kim Dong-Hwa.

Historias color tierra é un manhwa, o equivalente koreano do manga, que nos traslada a unha lonxana cultura e á súa sorprendente forma de vencellar cada sentimento, emoción ou momento vital coa natureza, as flores, os aromas, a chuvia e os cambios de estación (o inexorable paso do tempo).


Ambas mulleres saen adiante soas nunha sociedade patriarcal e inxusta de matrimonios pactados e mulleres sumisas, e tamén soas viven as súas particulares experiencias amorosas. Ihwa despertando á adolescencia e á sexualidade recén descuberta, Namwon cun novo amor de madurez despois de anos de soidade.

En cada capítulo a simboloxía poética da natureza mesturada con momentos de humor que salpican a relación de Ihwa coas amigas ou de Namwon cos homes que frecuentan a taberna compleméntanse coas fermosísimas imaxes da paisaxe e a natureza que rodea e incluso dirixe as súas vidas.


Unha experiencia deliciosa.

PASEN E VEXAN