27/02/09

QUADRAGESIMA


Rematou o Entroido, o desenfreno, a loucura.
Estamos en Cuaresma, cuarenta días para a reflexión, a meditación e o recollemento.
Relixión aparte, probablemente todos precisemos duns días ao ano para facer balance de éxitos e fracasos, de autoavaliación. Un tempo para pisar o freo, entrar en estado Alfa e, dende a fría distancia, ser quen de tomar as decisións adecuadas para continuar no camiño adecuado.
Nesas andamos todos.
Como para case todo, hai marabillosos libros que poden axudarnos a tirar partido das nosas capacidades e a intentar mirar o mundo dende diversas, curiosas e sempre enriquecedoras perspectivas. Libros que poden facer que convirtamos as aparentes amenazas en oportunidades de cambio ou de permanente mellora. (Ou non estamos todos no plan de MELLORA? ;-)

Hoxe vos recomendamos este divertido e curioso libro de Paul Arden, publicado na editorial MAEVA e que con divertidas imaxes e punzantes textos fai despertar o noso espírito crítico e ao mesmo tempo o noso sentido do humor.

"Segundo Paul Arden, a clave do éxito baséase en pensar exactamente o contrario do primeiro que nos ven á cabeza. Pois nadando contracorrente conseguiremos sacar o máis valioso que hai no noso interior, o que nos fai especiais e irrepetibles."


Intentade facer este sinxelo e á vez complicado exercicio: Antes de emitir un xuizo ou de tomar unha determinación, PENSADE O CONTRARIO.

18/02/09

INTROITUS

No portal da Consellería de Educación, na sección de Contidos Educativos, atopamos unha interesantísima información sobre o Entroido (ou Antroido). Faise un repaso das orixes da palabra e da celebración, a época en que se celebra e a duración das festas, as máscaras galegas e a gastronomía, así como un percorrido polo Entroido en España e no mundo.
Estes días son, en palabras de Vicente Risco:
"Días nos que está permitido
o que non o está no resto do ano...
en que se poden facer cousas
que noutro tempo parecerían moi mal,
serían faltas graves contra da boa crianza
e aínda contra as mesmas leis…
O entroido presenta certo aspecto de
"o mundo ao revés" .
Picando na seguinte imaxe podedes ver algunhas imaxes do Entroido 2008 en Ourense.

15/02/09

NON HAI IDADE PARA O AMOR

"Ás veces os adultos lles din aos nenos:

Non tedes idade para saber que é o amor!

Hai que ser maior para sabelo!

Iso significa que esqueceron xa moitas cousas, que non teñen ganas de falar con vos ou que se fan os tontos. Eu recordo perfectamente como me namorei por primeira vez, aos sete anos". (Peter Hartling).

Ben vai cumprir 10 anos, Anna é nova na súa clase. Seus pais acaban de chegar dende Polonia. Anna é diferente, "rara", pero a Ben lle gusta. Pronto farán moi boas migas e pasarán tardes estupendas xuntos. Descubrirán sorprendidos que lles encantan as mesmas cousas e que, por enriba de todo, o que máis lles gusta é estar xuntos.

Unha historia de amor infantil, sinxela, tenra e conmovedora, escrita por Peter Hartling hai xa máis de vinte anos e que non deixa de emocionar ao lector pola súa frescura: as miradas, as notiñas na clase, as caricias furtivas, a emoción de verse a soas, o non saber que dicir, os bicos roubados...

Que fermoso é estar namorado, con 7 anos e con 70!

Está ben claro, o amor non ten idade.

14/02/09

14 DE FEBREIRO

Poesía, música e fotografía para esta celebración.

Imaxe e son, a parella perfecta

11/02/09

BULE, BULE!


Xa escribiches a túa declaración de amor?

Está elexido o poema que pensas enviar a ese persoa tan especial para ti?
Ben sabemos que a maioría de vós tedes todo preparado para o gran día.
Se aínda che quedan cousas que dicir,
se sentes que non son suficientes as palabras do dicionario,
se estás nunha nube de felicidade e non sabes nin coller un boli...
BULE!
Veña, pasa pola biblioteca.
Alí agardan os máis fermosos poemas de amor,
preparados para ti e para quen ti queiras.

Só queda un día.

O venres haberá reparto da correspondencia e o agasallo para o primeiro que respondeu correctamente á pregunta de CADA OVELLA...

06/02/09

"PALABRAS DE AMOR"



A folga de Cupido provoca unha avalancha de namorados e namoradas na busca de palabras de amor antes de que se esgoten.
O noso almacen de poesía aínda ten existencias pero, non te demores demasiado porque, a pesares da crise, podemos quedar sen stock.

Decídete xa, hai palabras de amor para todos.

(Amor desesperado, amor correspondido, amor imposible, amor apaixoado, amor adulto, amor de infancia, amor secreto, amor a voz en grito, amor eterno, AMOR...)





Tes tempo ata o venres 13.

Ese día repartiremos as cartas de amor que Cupido garda nas súas caixas.

Haberá algunha para ti? E para min?


(Grazas a Carmen Loriga e ao equipo de biblioteca Uxío Novoneyra do CIFP Ánxel Casal que compartiron con nos esta magnífica exposición)

05/02/09

CADA OVELLA...

Son moitas as parellas famosas da historia da literatura, a banda deseñada e os debuxos animados.

Pero temos un tremendo lío na cabeza e PRECISAMOS A TÚA AXUDA. Non recordamos ben de quen están namoradas e namorados os seguintes personaxes:



































Coñeces os nomes das súas parellas?
Si? Pasa pola biblioteca,
hai un agasallo para ti!


E SE QUERES DEMOSTRAR A TÚA HABILIDADE E CAPACIDADE DE CONCENTRACIÓN, PICA NA IMAXE PARA XOGAR ÁS PARELLAS

04/02/09

CELOS?



Si los celos son señales de amor, es como la calentura en el hombre enfermo, que el tenerla es señal de tener vida, pero vida enferma y mal dispuesta.
Miguel de Cervantes

02/02/09

FOLGA!


AVISO IMPORTANTE

O VINDEIRO SÁBADO 14 DE FEBREIRO,

DÍA DE SAN VALENTÍN,

CUPIDO ESTARÁ EN FOLGA.


Se precisas da súa axuda para algún asunto sentimental,

aproveita os días que quedan antes de que cese a súa actividade.

Para máis información

pasa pola biblioteca.

01/02/09

EL PRIMER BESO, Amado Nervo

Chegou o mes de febreiro e con el o punto de interese dedicado á poesía e o amor. Son moitas as emocións que imos compartir estes días, pero hai un momento moi especial que Amado Nervo, o poeta mexicano, presenta no seu poema titulado "El primer beso". Algúns lembran cun sorriso aquel momento, lonxano ou recente; outros soñan con atreverse a dar o paso...

Yo ya me despedía.... y palpitante

cerca mi labio de tus labios rojos,
«Hasta mañana», susurraste;
yo te miré a los ojos un instante
y tú cerraste sin pensar los ojos
y te di el primer beso: alcé la frente
iluminado por mi dicha cierta.

Salí a la calle alborozadamente
mientras tú te asomabas a la puerta
mirándome encendida y sonriente.

Volví la cara en dulce arrobamiento,
y sin dejarte de mirar siquiera,
salté a un tranvía en raudo movimiento;
y me quedé mirándote un momento
y sonriendo con el alma entera,
y aún más te sonreí... Y en el tranvía
a un ansioso, sarcástico y curioso,
que nos miró a los dos con ironía,
le dije poniéndome dichoso:

-«Perdóneme, señor, esta alegría.»

PASEN E VEXAN