9/12/09

MIL COUSAS PODEN PASAR


Por fin temos nas librerías o máis recente Premio Merlín, o libro I de Mil cousas poden pasar, a máis recente creación de Jacobo Fernández.


E ben certo é que antes de facer plans, de soñar ou imaxinar fazañas ou feitos que están por vir hai que recordar esa frase que Mercurín, un dos portagonistas desta fermosa historia, repite unha e outra vez "mil cousas poden pasar". Para ben ou para mal o que está por vir non sempre está na nosa man...

Trátase dunha novela coral para pequenos na que dous mundos distantes e contrapostos ("dentro do mar" e "fora do mar") acaban en contacto por mor dunha fermosa, relucente, dourada e sonora TUBA.
  • A tuba que o pequeno Pouco quería facer sonar xunto a súa fermosa Lina,
  • a tuba coa que soñaba Hedión, o sepultureiro,
  • a tuba que Mercurín e Neda querían regalar ao seu pai, o rei Pindo IV o Tratable
Pero hai moito máis, o río Inrique, que marcha de viaxe de estudios, o pequeno Propicio e o seu afán pola limpeza e a orde no camposanto, un porco que quere estudar, un can pastor que prefire ser cocho, un xoieiro que se fai pastor, ... e por enriba de todo, un AMOR inmenso e indestructible que leva a Lina a buscar sen descanso para recuperar ao seu querido Pouco.

E todo tan ben narrado e tan ben ilustrado que non é posible deixar de ler ata chegar ao final, un final abarrotado de preguntas sen resolver...

Non podemos contarvos máis, só que cando rematedes esta primeira parte estaredes ansiosos por saber cando se poderá ler o Libro II.

Tampouco podemos negar que sentimos unha gran admiración polo impecable traballo de Jacobo (o primeiro ilustrador que nos visitou no noso Expocómic 2007) tanto na ilustración coma no cómic, campos nos que non deixa de colleitar merecidísimos premios.

1 comentario:

  1. I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN