13/12/09

FELICIDADES, MARCOS!

O escritor arousán afincado en Vigo, Marcos Calveiro, acaba de ser galardoado co Premio Lazarillo de Literatura Infantil na modalidade de Creación Literaria.

A obra premiada sairá á luz en galego (Xerais) e castelán (Edelvives) co seguinte título: O pintor do sombreiro de malvas. / El pintor del sombrero de malvas. Tomade boa nota do título porque de seguro será unha lectura deliciosa.



Nesta ocasión Marcos nos leva á vila francesa de Auvers, lugar onde pasou os últimos meses de vida o pintor holandés Vincent Van Gogh. Alí, o rapaz protagonista desta historia coñecerá ao atormentado pintor e vivirá ademáis "o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro desengano ... todas esas cousas polas que todos pasamos algunha vez na mocidade". (Xornal de Galicia.com)



Todo isto coa minuciosa e traballada reconstrucción de lugares, personaxes e feitos á que nos ten acostumados este brillante autor, a partir das cartas que Van Gogh escribiu aos seu irmán Theo e das pinturas que realizou nese lugar e que Marcos puido contemplar na exposición do Museo Thyssen titulada Van Gogh. Los últimos paisajes.



Outras obras de Marcos S. Calveiro que non vos podedes perder son:
  1. Rinocerontes e quimeras
  2. O carteiro de Bagdad
  3. Sari, soñador de mares
  4. O canto dos peixes

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN