1/11/09

TALENTO

O pasado mércores 28 recibimos a visita de Patricia e Daniel que quixeron compartir con nós o seu increíble talento para expresarse a través do debuxo.
Con eles aprendimos o tremendo esforzo que supón a creación de unha única ilustración, o traballa previo que require a elaboración de un cómic, as increíbles posibilidades das ferramentas tecnolóxicas ao servizo da expresión artística e sobre todo o fermoso que é escoitar falar da súa profesión a alguén que ama profundamente o seu traballo.

Aquí tedes unha pequena mostra do seu talento e do de todos os rapaces e rapazas que colaboraron con nós para convertir os corredores do noso cole nunha fermosa homenaxe ao cómic e a ilustración.

Expocómic 2009 on PhotoPeach



MOITAS GRAZAS A TODOS!

(Queremos dedicar esta entrada a todos os grandes e pequenos talentos que nos privan estes días da súa presenza por culpa desa gripe sen escrúpulos que lles está facendo padecer tanto ;-)

3 comentarios:

  1. Parabéns pola iniciativa e pola fantástica decoración dos corredores, mostra evidente de que no cole tedes tamén moitos artistas!!
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar
  2. Grazas por compartir esta experencia con todos.
    En Sanxenxo queremos achegar o cómic ao alumnado e teremos o voso traballo como referente. Parabéns!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN