25/10/09

FESTA DE GALA


Preparade as vosas máis fermosas galas,

visitade a perruquería,

desenpoade os vosos zapatos de festa!

Mañá, luns 26 de outubro comeza a SEMANA DA BIBLIOTECA ESCOLAR na que, coma todos os anos, terá lugar o esperado EXPOCÓMIC 2009.
As últimas novidades para todos os gustos e idades (algunhas recén saídas do prelo) vos esperan expostas fronte a biblioteca.
Os corredores e cortizas lucen enfeitados cos vosos marabillosos traballos como o Xeocómic ou as recreacións de personaxes de cómic como Lucky Luke, Son-Goku, Os Barbanzóns, Titeuf, Totó ou Tintín.
As obras dos ilustradores galegos que nos visitan este ano vos esperan na entrada principal e decoran a nosa particular pasarela que os conducirá, coma a alfombra vermella de todo evento sinalado, cara á biblioteca. Alí, o mércores 28 celebraránse:
  1. Obradoiro de Ilustración para 3º ciclo de primaria a cargo de PATRICIA CASTELAO.

Ilustradora nacida en A Estrada (Pontevedra), en 1974.
Con outros artistas galegos conforma o grupo Baobab estudio, entidade que se define como "un grupo de ilustradores que comparten un espazo de traballo na cidade de A Coruña".
A partir de 2005, traballou nas seguintes longametraxes de animación O soño dunha noite de San Xoán, DonkeyXote e Planet One.
Paralelamente aos seus traballos en animación, Castelao ilustrou libros para varias editoriais, Rodeira, Xerais, Bromera e Alfaguara entre outras. Tamén realizou traballos para organismos oficiais: carteis de animación á lectura para a Xunta de Galicia e o cartel do Salón do Libro infantil de Pontevedra 2006.
Na actualidade, a ilustradora suspendeu momentaneamente os seus traballos en animación para centrarse na ilustración.
2. Obradoiro de Cómic para 2º ciclo de ESO a cargo de DANIEL MONTERO.

Natural de Catoira e residente en A Coruña, é un dos artífices e organizadores do anual Salón de Cómic de Cangas. Como artista móvese nos campos do cómic, ilustración e animación. Caricaturista en diversos eventos ao longo da comunidade galega. Impartiu durante varios anos cursos extra-escolares e obradoiros talleres de debuxo e cómic para rapaces e maiores.
Traballou no departamento de arte nas películas 3D O soño dunha noite de San Xoán ( 2005), O Espíritu do Bosque (2007) e Noite de Paz (pendente de estrea). Actualmente traballa como ilustrador e deseñador freelance.

Ten recibido ademáis diferentes premios en certames como o de Arteixo ou o "Mutantes Paseantes" de Cádiz así como o Primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Noveis, convocado pola Casa da Xuventude de Ourense.
Ven de gañar ademáis o V concurso Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña 2009 coa obra aínda inédita Sen mirar atrás.

AFIADE O VOSO LAPIS, TEMOS MOITO QUE APRENDER CON ELES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN