10/9/09

Nieve



"Hoxe hai corenta días do suicidio da nosa amiga Teslime. De todas nosoutras, Teslime era a máis convencida na loita pola relixión e pola palabra de Deus. Para ela, o velo non so representaba o seu amor por Deus, senón que tamén era un signo da súa fe e da súa honra. A ninguen se lle pasaría pola cabeza que fose suicidarse. Os profesores na escola e seu pai na casa presionábana para que se descubrise a cabeza, pero ela resistíase."
" Se Deus non existe, iso quere dicir que non hai paraíso. E se é así, millóns de persoas que se pasan a vida entre carencias, pobreza e opresión nin sequera poden ir ao ceo.
Entón, que significado ten todo o sufrimento dos pobres? Para que vivimos e sufrimos en van?"

Estes dous fragmentos pertencen ao libro Nieve, do nobel turco Orhan Pamuk, editado por Alfaguara, desgrazadamente aínda sen tradución galega. Nel podemos ver a Turquía actual e as contradicións relixiosas e políticas do ser humano a través dos ollos dun poeta laico de Estambul que viaxa a unha remota cidade na que se producen unha vaga de suicidios de rapazas ás que se les impide levar velo (pese a que o suicidio está prohibido polo islam).Aquí namorarase dunha rapaza divorciada...
Unha obra que nos suscitará o interese por ler outras do autor como a premiada Me llamo Rojo,ou El libro negro (recomendado por Juan Goytisolo) á vez que nos abre a mente a outras culturas non tan diferentes da nosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN