13/7/09

Lecturas (y II)

E antes de deixarvos ata o lonxano setembro, tres álbumes ilustrados para non perderse. Tres lecturas para todas as idades (esa é a maxia dun álbum de calidade) que combinan con incomparable mestría texto e imaxe. Tres temas moi diferentes pero todos eles engaiolantes.

El príncipe de los enredos, de Roberto Aliaga e Roger Olmos, gañador do Premio Lazarillo 2008, que "narra a historia dun corvo sen escrúpulos que, para conseguir o que se propón, non dubidará en extender unha tupida rede de terxiversacións e enganos, coa que enredar ás súas víctimas e enfrontalas."

O incrible neno devorador de libros, primeira publicación da editorial Patasdepeixe adaptando a obra orixinal do autor irlandés Oliver Jeffers. Nela coñceremos a Henry, un rapaz cunha incontrolable fame de libros que acaba descubrindo, despois dunha boa enchenta, que lle senta moito peor comelos que lelos. Un álbun divertidísimo.
E para rematar, un álbum que desborda tenrura dende a súa portada ata a última das súas páxinas, Cosita Linda, de Anthony Browne (autor de outros álbumes coñecidos por todos nós como Sacapenas). Por Giraluna sabemos que o autor inspirouse na historia real dunha gorila chamada Koko que entrenaban na Universidade de Stanford para manexar a linguaxe de signos e que pediu aos seus coidadores un gato co que trabou unha fermosa amizade.

De amizade profunda e fiel máis alá das barreiras e das diferenzas é do que nos fala este fermosísimo álbum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN