6/6/09

UN HOME FELIZ (*_*)

O creador desta banda deseñada: Antonio Seijas, un galego nacido en Ares. Con este cómic gañou o II Certame de Banda Deseñada Castelao, no 2006. E supoño eu que moitos lectores.

Un cómic interesante, tanto de aspecto coma de contido. Gustoume a pesar (ou tal vez por iso mesmo) da fatalidade, irrealidade, tristeza, anguria que sente o personaxe principal ... plasmadas tanto nas ilustracións coma nos textos. Ogallá non escollera aillarse, como resposta á súa situación, inxusto para todos.

Non penso resumirvos o contido, mellor que o descubrades vos, recompoñendo as pezas. Sería como estragarvos esta historia relatada en tono poético, a través do tempo e distintos momentos: gris, vermello e violeta. Estupendos os guiños a Élouard, Breton, Durrel e Rowe.
Non deixedes de visitar:




Nestes enlaces poderedes ver un pouco máis sobre o seu traballo. Xa nos contaredes.

3 comentarios:

  1. Tomamos nota. Gracias por la reseña, que nuestra zona de comics está bien necesitada de obras originales en gallego:-h

    ResponderEliminar
  2. graciñas pola reseña! adédame saber que che gustou!
    unha aperta!
    toni

    ResponderEliminar
  3. Un pracer.
    Xa sei! A boas horas contesto.
    Saúdos para o equipo da biblioteca do Ramón Mª Aller e para "Toni" tamén, aparte dun gracias moi grande polo comentario, cando imaxino que terás non poucas cousas que facer.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN