14/6/09

MOITO COIDADIÑO

Xa se achega o remate do curso escolar e con el a finalización do préstamo na biblioteca. O vindeiro mércores 17 é a data fixada como derradeiro día para devolver todos os materiais emprestados.


A partir do xoves virán as reclamacións a morosos (que algún sempre hai!) e a revisión do estado no que se atopan os fondos dos que dispoñemos.


Os libros, en concreto, son materiais delicados e con tendencia a sufrir diferentes padecementos, dende o maltrato directo por parte do lector que o bota sen máis no fondo da mochila ou non ten reparos en dobrar cruelmente as esquinas para marcar a páxina (para que estarán os marcapáxinas?), ata as malas condicións de temperatura, humidade, ventilación e iluminación a que se ven sometidos os libros. Os seus principais inimigos son as sustancias químicas, as bacterias, os fungos e os insectos bibliófagos, que consumen o papel danando libros e documentos.


Se picas na imaxe poderás ver unha presentación MUYINTERESANTE sobre os coidados que debemos proporcionar aos libros, xa que eles tamén poden enfermar.

Cando os danos xa se produciron só queda unha solución: poñer o libro en mans de expertos restauradores que traballan coa precisión de verdadeiros cirurxiáns. No vídeo seguinte podedes comprobar a delicadeza da restauración dunha Biblia de 1565, en pésimo estado.



Moito coidadiño cos libros que son os nosos mellores amigos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN