4/5/09

PREMIOS ESPIRAL 2009

Rapaces e compañeiros,
estamos encantadas de comunicarvos que o blog da biblioteca,
este que con tanto esforzo e agarimo sacamos adiante,
foi galardoado co Premio Planetalector de Fomento da Lectura en Primaria.
Para nós este recoñecemento supón un pulo para continuar cunha tarefa
que non sempre é doada, pero si gratificante.
Dende aquí o nosos agradecemento a todos os que fan posible que dediquemos tempo ao noso querido Ars Legendi.

Nós, como xa fixera Don Quixote, retomamos o romance anónimo que di

Mis arreos son las armas
mi descanso el pelear,
mi cama los duras peñas,
mi dormir siempre velar;
las manidas son oscuras
los caminos por usar,
así ando de sierra en sierra
por orillas de la mar,
a probar si en mi ventura
hay lugar donde avadar;
pero por vos, mi Señora,
todo se ha de comportar.

9 comentarios:

  1. PARABÉNS!! Un merecido recoñecemento para un estupendo traballo

    ResponderEliminar
  2. Dende Bibliocabe tamén queremos darvos a noraboa!

    ResponderEliminar
  3. Dende Ponteareas tamén queremos darvos a noraboa por ese fantástico recoñecemento.

    Bicos como páxinas

    Bea

    ResponderEliminar
  4. Desde As Mariñas queremos felicitarvos por ese tan merecido premio.
    Saúdos desde Betanzos.

    ResponderEliminar
  5. Engado, coma seguidora, a miña felicitación persoal e... lembrar que, inda que o recoñecemento público -máis ou menos oficial- sabe ben... o, realmente, importante e meritorio é todo ese esforzo e adicación xenerosa, da vosa parte, pola "causa"... Bicos virtuais!!

    ResponderEliminar
  6. Un recoñecemento merecido!!!
    Gústame especialmente o do PREMIO PLANETA LECTOR. Noraboa!!!

    ResponderEliminar
  7. Hola,
    Soy el profesor responsable del blog ganador de planetalector en secundaria.(http://eso2a.wordpress.com)
    ¿Podéis poneros en contacto conmigo a través del correo eso2a@hotmail.com e indicarme si vais a Madrid a recoger el premio. Muchas gracias.

    Noraboa!!! Saúdos desde Valencia

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN