24/5/09

The host de Stephenie Meyer

Está claro que vos encantou a saga Crepúsculo. Os libros non chegaban a repousar na estantería, sempre en danza, de man en man.
Pois ben, agora xa temos "The host", o primeiro volume doutra saga, unha triloxía. De vampiros pasamos a alieníxenas.



Despois de que os alieníxenas invadan a Terra, os habitantes do planeta convértense en receptores de extraterrestres, que se instalan no seu corpo. Melanie Stryder, é unha das humanas sen invadir que aínda quedan. Ela e a súa alma invasora comezarán unha aventura en busca de Jared (volvemos ter triángulo amoroso). Non conto máis.

A pesar de que poidese parecer unha obra de ciencia ficción tipo "Alien", non atoparás elementos típicos: nin pistolas láser, nin mundos extraterrestres, ... Todo sucede na Terra e a historia é moi "humana". Stephenie presenta a saga como ciencia ficción para xente á quen non lle gusta a ciencia ficción (Science fiction for people who don't like science fiction).
¿Queredes saber máis? Concedido, e por boca da autora. Só tedes que reproducir o vídeo que tendes a continuación.
Ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN