17/5/09

HISTORIETA GALEGA

Continuando coa súa gran labor pola difusión da banda deseñada/cómic/historieta galega El Patito Editorial presenta o terceiro volume da Biblioteca de Clásicos da Historieta Galega. Esta nova entrega leva por título O máxico arrecendo e outras histoiras. Trátase dunha reedición de traballos de Fran Bueno desde 1987 a 1994. A historia que da nome ao libro transpórtanos ao Medievo galego no que viquingos, mouros, tesouros máxicos e monxes comparten protagonismo. Moi diferente é a historia que pecha a obra, Ramón e Rosario, que se desenvolve no interior da cafetería Derby de Santiago, e foi Primeiro Premio do X Concurso Galego de Cómics Xuventude (1994).


Tamén El Patito editou un DVD titulado 35 anos de historieta galega, no que se fai un percorrido de 55 minutos pola historia do cómic galego desde a década dos anos 70 ata a actualidade.


Unha última recomendación: Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo (Demo Editorial), presentada como a primeira banda deseñada sobre as guerras irmandiñas. Tivemos a oprtunidade de asistir á presentación da obra na libraría Kómic de Santiago e Manel Cráneo dedicounos un exemplar demostrando a súa destreza como debuxante.

Veremos algún 17 de maio a un dos grandes ilustradores e guionistas galegos sendo homenaxeado?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN