9/5/09

Mil soles espléndidos - Khaled Hosseini

Afganistán ... Burkas ... Bombardeos ... E no medio de todo Mariam e Laila, dúas mulleres, dúas xeneracións que comparten un destino... .
Hai ocasións nas que unha imaxen vale por 1000 palabras. Pero unha imaxe non podería expresar todo o horror e a anguria que sentín lendo esta novela que plasma a cruda realidade dun país en guerra perpetua.
Non pretendo, nin por asomo, quitarvos as ganas de ler o libro. Todo o contrario, acompañar a Mariam e Laila será unha experiencia inolvidable, chea de sentementos encontrados, impregnada dunha humanidade absoluta. O libro engánchate dende o principio, con gran intensidade.

Estando nunha situación de privilexio total, case que é o menos que podemos facer. O feito de sentir a inxusticia que moitos sufren por ter nacido nun tempo e lugar desafortunados, fainos máis solidarios.

Elexín un estracto do libro, non completo, de cando os talibáns asumen o poder.

“Nuestro watan se conocerá a partir de ahora como Emirato Islámico de Afganistán. Éstas son las leyes que nosotros aplicaremos y vosotros obedeceréis:
...
Se prohíbe cantar.
Se prohíbe bailar.
Se prohíben los juegos de naipes, el ajedrez, los juegos de azar y las cometas.
Se prohíbe escribir libros, ver películas y pintar cuadros.
...
Atención mujeres:
Permaneceréis en vuestras casas. ...
No mostraréis el rostro bajo ninguna circunstancia. Iréis cubiertas con el burka cuando salgáis a la calle. Si no lo hacéis seréis azotadas.
...
Se prohíbe a las niñas a asistir a la escuela. ... ”


E, agora sí, para rematar ... unha imaxe, con link:


2 comentarios:

  1. Fantástica recomendación. "Mil soles espléndidos" tamén está no noso "Recuncho das Novidades" deste mes.
    Bicos de mel

    ResponderEliminar
  2. É un libro verdadeiramente duro, pero moi recomendable. Eu subscribo todas as impresións que poñedes aquí da súa lectura.
    A súa lectura levará a cada un de nós a unha serie de reflexións que irán máis aló do mero contido do libro.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN