18/4/09

SENCILLAMENTE HENRY

Entre as novidades editorais que podedes atopar na biblioteca está Sencillamente Henry, unha novela de Michelle Magorian publicada por Ediciones Oniro, na súa magnífica e coidada colección "La lámpara mágica".

Trátase dunha obra de máis de 600 páxinas, que ten como protagonista a Henry, un rapaz orfo de pai, que non atura ao seu padrastro e soporta como pode á súa pequena irmá Molly. A historia desenvólvese tras a II Guerra Mundial. Henry está triste pola morte do seu pai, considerado por todos un heroe de guerra, e o seu refuxio e diversión é o cine, a súa paixón polas películas é extrema. De maior quere ser camarógrafo, e o descobrimento dunha vella cámara de filmar fará que a súa vida se transforme, pois non sempre a realidade é como aparenta ser.
Recoméndovos esta obra que trata con tenrura e delicadeza temas como a amizade, a soidade, o sentimento de perda, a relación pais-fillos, a guerra, o amor pola fotografía e o cine, as apariencias, a forza de vontade...
Un libro imprescindible que fai rir, pensar e chorar por igual.

2 comentarios:

  1. Parabéns polo magnífico blog e pola selección entre os finalistas en Espiral.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas e noraboa a vos tamén. Para nós xa é un premio chegar á final :-h

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN