Marcos Calveiro (xa non firma co S. intermedio) volve a seducirnos na súa última obra editada por SM, O canto dos peixes, que ven de recibir o Premio Barco de Vapor 2008.
Unha historia de perdedores. De novo un vello e un neno, coma en Sari, de novo o mar coma telón de fondo. Pero desta vez non viaxamos no tempo nin no espazo. A cidade na que tentan sobrevivir ambos pode ser calquera das cidades costeiras do noso litoral. Unha cidade na que...
"é imposible ver o sol afundíndose na xerfa do horizonte. Impídeo unha borraxeira xofrada que inza todos o recantos do porto coma os raxos dun polbo pardento."
- Ismael (un vello mariñeiro xubilado), escapa cada día da residencia onde se sinte prisioneiro para visitar o vello peirao de pedra onde permanece a súa dorna enlamada.
- Xacobe distráese xogando entre os desperdicios do asteleiro antes de volver á súa chabola. Xa non vai á escola, ten que axudar a seu pai a recoller ferralla.
Ambos entablan unha fermosa amizade, Ismael añora o pasado, Xacobe non ten esperanzas de futuro. Pero as cousas van cambiar, a maxia dun vello esconxuro fará que...
"todos vexan de novo o sol afundíndose, cachazudo, na xerfa do horizonte."
Unha oportunidade tamén para rescatar do esquecemento o fermosísimo léxico que Calveiro manexa con tanta soltura e que fai da súa prosa inconfundible.
Un fermoso agasallo para o Día do Libro.
Lin este libro no instituto IES do Castro. Gustoume moito.
ResponderEliminarEu tamen no IES do castro
ResponderEliminar