15/4/09

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!


Queremos dedicar este breve mes de abril ao chamado Séptimo Arte: o cine, e á súa especial relación coa literatura. Na biblioteca temos á vosa disposición unha selección de obras literarias e a súa correspondente adaptación cinematográfica. Atoparedes títulos para todas as idades e gustos: Garfield, Los 4 fantásticos, Azur y Asmar, A lingua das bolboretas, Las trece rosas, O cazador de papaventos, El niño del pijama de rayas e tantas outras.

Aproveitamos esta ocasión para presentarvos o blog DECINE da biblioteca. Podedes visitalo neste enlace. Alí atoparedes información sobre o cine en xeral, a súa historia, a linguaxe cinematográfica, carteis, música, estreas...


AGARDAMOS AS VOSAS VISITAS, COMENTARIOS E SUXESTIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN