29/4/09

CÓMO CAMBIÉ MI VIDA, Agnes Desarthe

Antón Kraszowski vive coa súa avoa non por ser orfo nin por que seus pais marcharan lonxe en busca dun traballo co que poder mantelos.
Os pais de Antón teñen bos traballos e non lles falta de nada. Vive coa avoa porque papá e mamá non teñen tempo de atender a seu fillo.

"No se puede educar a un hijo de forma adecuada cuando uno se toma en serio su
carrera
" dicía súa nai chea de razón.


Antón detesta a súa escola e sobre todo ao seu profesor Thierry porque ten un extraño sentido do humor que lle fai divirtirse coa burla constante dos seus alumnos e, en especial de Antón.

Que será o que faga cambiar a vida de Antón?
Un encontro casual cunha profesora de música será o comezo dunha vida nova:
  • Antón descubre en si mesmo unhas habilidades que descoñecía,
  • atopa unha nova escola na que librarse do profesor Thierry,
  • coñece a Perla, unha pequena violonchelista que será a súa mellora amiga e
  • o máis importante, da man da súa avoa, fai da música a súa paixón e do piano a súa voz.

Fermosa novela da autora francesa Agnès Desarthe ilustrada por Adrià Fruitós para a editorial Edelvives a través da cal asistimos ao máxico cambio de vida de Antón, seducido case por azar por un mundo que descoñecía pero que acaba sendo a súa paixón.

Un fermoso exemplo para traballar nas aulas a autoestima e a convicción de que cada persoa é especial e está dotada para algunha cousa.


Todos somos excepcionais en algo, o máis difícil é atopalo.

4 comentarios:

  1. Recibide da nosa parte o agasallo Olha que Blog Maneiro. Se non o coñecedes, visitade o noso blog para informarvos

    ResponderEliminar
  2. Dende Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) tamén temos outro agasallo para vós. Non é que volvese o Nadal, senón que o voso traballo dá que falar a outros compañeiros. Felicidades!

    ResponderEliminar
  3. Estamos abraiadas con estes xenerosos agasallos que vos agradecemos MOITÍÍÍSIMO e quen non temos claro merecer.
    Perdoade que non sigamos a cadea, non saberíamos a quen escoller nin a quen descartar.
    Bicos e apertas a todos. Seguiremos traballando agora con máis responsabilidade e forza que nunca. :)

    ResponderEliminar
  4. Noraboa polo blog. Pasade por BIBLOCAXADO http://biblocaxado.blogspot.com/ Tedes un agasallo.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN