16/4/09

CINE, LITERATURA E BIBLIOTECA

A biblioteca rinde homenaxe nestes días de abril a aquelas películas que empregaron coma fonte escrita unha obra literaria.
En colaboración cos distintos departamentos didácticos de ESO (Tecnoloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Inglesa, Lingua Francesa, Música e Matemáticas) temos programada unha fermosa actividade na que aprenderemos xuntos o xeito máxico en que a linguaxe cinematográfica convirte un texto imaxinado en imaxes "reais".

Os distintos cursos de ESO traballarán dun xeito interdisciplinar unha película xunto coa obra literaria da que partiu o seu guión.


Abordarán o texto e o film dun xeito crítico e curioso, comprobando como se transforma unha obra escrita en imaxes, como os actores interpretan aos personaxes imaxinados, como escollen os seus creadores a ambientación adecuada, a música, o vestiario...




Os alumnos de 1º de ESO verán El bosque animado, e traballarán o film e algúns fragmentos da obra de Wenceslao Fernández Flórez nas materias de Lingua Española e Ciencias Naturais.


Os de 2º de ESO verán West Side Story, e traballarán a película xunto co Romeo e Xulieta de William Shakespeare nas materias de Lingua Inglesa, Castelá e Música.


Os de 3º de ESO verán A lingua das bolboretas, e traballarán a película xunto co texto de Manuel Rivas Que me queres, amor?, nas materias de Lingua Galega e Tecnoloxía.

Os de 4º de ESO verán Los girasoles ciegos e a traballarán xunto co relato de Alberto Méndez que inspirou a película nas materias de Xeografía e Historia e Lingua Castelá e Literatura.


Agardamos que todos gocedes coas obras seleccionadas, tanto literarias coma cinematográficas, e que vos animedes a comentar neste blog o voso parecer.

Na exposición da biblioteca tedes moitas máis agardando por vós!!!

1 comentario:

  1. Excelente selección. Engadiría Matar a un ruiseñor de Harper Lee. Moitos agradecemos o voso traballo. Da un toque de frescura ao Centro. Que dure por deus

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN