17/3/09

QUERO SER ESCRITORA

Chega unha ponte estupenda que podemos dedicar a descansar, pasear, viaxar, durmir, cantar, bailar e... escribir.

A escritora Paola Zannoner, que tamén foi bibliotecaria, redactora e crítica literaria, é autora dunha novela titulada Quiero ser escritora. Está protagonizada por Mía, unha rapaza de 13 años que quere ser escritora. Revisando os seus antigos diarios, decide participar nun concurso que ten como premio asistir a un curso de escritura con coñecidos autores.

Na novela altérnanse aventuras que conta no diario e vivencias do presente. Mistura entre elas as explicacións sobre como narrar unha boa historia. Velaquí un exemplo:
"A veces no hace falta cargar mucho la mano con la descripción de un personaje baboso, como el tal Jean-Pierre. A veces dedicar una página entera a contar lo odioso y lo vago que es, puede llegar a convertirlo en un personaje graciosos, una especie de héroe negativo. En cambio, para retratarlo basta con unos cuantos rasgos significativos, como cuando me tocó con las manos frías, o ese tono de voz falso; pero lo más importante es elegir las aplabras cuidadosamente (...), como "meloso", que significa empalagoso, y se dice de alguien falso y presumido."

Xa sabedes, nunca é tarde para atopar a nosa verdadeira vocación. A escribir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN