12/3/09

¡QUÉ EMOCIÓN?

Edicións SM ven de publicar un fermosísimo libro sobre emocións, sentimentos e estados de ánimo na infancia: o album da autora francesa Cecile Gabriel, titulado ¡Qué emoción? o Cómo saber lo que se lleva dentro.


Uns textos sinxelos e unhas fotografías en branco e negro marabillosas, que semellan captar máxicamente cada instante de emoción nas caras dos rapaces retratados, fan da lectura deste libro unha experiencia fantástica. Podemos vivir e sentir con eles o medo, o amor, os celos, a sorpresa, a impaciencia, a vergoña, a tristeza, a timidez, a ousadía, o orgullo, a soidade, ...

(Quen non se sentiu así en clase algunha vez?)


Tenro, divertido e sorprendente (grazas ás ventanas que só nos insinuan cada foto antes de visionalas completas). Podedes ver un extracto de mesmo na súa edición en francés neste enlace (http://www.cecilegabriel.com/publications/quelle-emotion).
Para mirar e remirar, para non perderse.

1 comentario:

  1. Ola!
    Paréceme unha estupenda recomendación, o encadeamento perfecto da imaxe e a palabra
    Grazas e noraboa por este inspirador blog
    Isa
    Ceip A Laxe

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN