25/3/09

MÁIS EMOCIÓNS!


Ás veces, para os máis pequenos non é fácil enfrontarse ás súas propias emocións, recoñecer que se sinten celosos, tristes, sós ou que teñen medo.

Ás veces, tampouco é doado para os que somos adultos recoñecer neles, nas súas rabietas, nas súas bágoas, na súa risa tola ou na súa cariña enfurruñada, unha preocupación, unha alegría inmensa, unha petición de axuda ou unha necesidade imperiosa de cariño.

A editorial SM da man da deseñadora e ilustradora de libros infantiles Trace Moroney ten publicada una preciosa serie de contos sobre emocións e sentimentos infantís.

Nelas, un coelliño nos conta cómo se sinte cando está celoso, contento, enfadado ou enfermo, cando se sinte querido, ou pola contra, cando se sinte ou ten medo.

Unha edición moi coidada, con releves e texturas para que os máis pequenos poidan escoitar e tocar á vez e que lerán con moito gusto os primeiros lectores.
Todos inclúen ademáis unha pequena guía para pais e nais ao final de cada libro con orientacións moi útiles para afrontar os pequenos conflictos cotiás e para aprender a comprender e comunicarnos emocionalmente cos cativos da casa.
Acaban de chegar á biblioteca, esperando ser acariñados por todos vos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN