6/3/09

DEPORTE E BIBLIOTECA

Este mes de marzo o punto de interese da biblioteca son OS DEPORTES. Alí podedes atopar cantidade de libros sobre os vosos deportes favoritos, sobre a maneira de poñervos en forma en pouco tempo e sobre o importante que é ter un corpo san para sentirnos ben.

Para que nos faledes do voso deporte favorito convocamos un Certame de debuxo para Educación Infantil e Primaria co título: "MENS SANA IN CORPORE SANO" (frase que acuñou un poeta latino chamado Juvenal alá polo século I).

Aquí tedes as bases do concurso:

  1. A participación neste concurso é completamente VOLUNTARIA.
  2. Poden participar todos os alumnos e alumnas de EI e EP.
  3. O título do seu debuxo será: “O meu deporte favorito”.
  4. O debuxo debe presentarse nos papeis oficiais entregados pola biblioteca.
  5. Cada concursante só pode entregar UN ÚNICO DEBUXO.
  6. Non se aceptarán traballos anónimos, cada concursante debe indicar o seu nome e curso no reverso do papel oficial.
  7. Podedes empregar ceras, rotuladores, lapis, témpera, acuarela …
  8. O prazo de entrega de traballos remata o VENRES 27 DE MARZO.
  9. Os debuxos serán expostos nos paneis da entrada da biblioteca.
  10. Establécense 4 categorías: Educación Infantil, 1º Ciclo de EP (1º e 2º), 2º Ciclo de EP (3º e 4º) e 3º Ciclo de EP (5º e 6º).
  11. O equipo de biblioteca seleccionará UN DEBUXO PREMIADO en cada categoría.
  12. O autor/a de cada debuxo premiado recibirá un agasallo.

Para a vosa inspiración contades con moitos libros sobre deportes. Todos eles estarán expostos no punto de interese do mes e podedes levalos en préstamo co voso carné de biblioteca.

VEÑA, TODOS A DIBUXAR... E A FACER DEPORTE, CLARO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN