27/3/09

ALEA IACTA EST!


Rematou o prazo. A sorte xa está botada. Os artistas de educación infantil e primaria xa entregaron as súas creacións para o concurso de debuxo "O meu deporte favorito".

Na vindeira semana, tras sesudas deliberacións, no equipo de biblioteca escolleremos aos gañadores de cada categoría e ATENCIÓN TODOS!, o venres 3 de abril faremos entrega dun fantástico premio aos afortunados.

Ese mesmo venres recibiremos a visita de Chema, un monitor dun deporte espectacular e emocionante, o Tae-kwon-do acrobático, que nos mostrará videos increíbles e nos contará como se entrenan para chegar a facer cousas coma estas...

Recordade, ás 10.00 horas para ESO e ás 11.00 para 2º e 3º ciclo de EP.


E para rematar o noso mes de deporte e biblioteca, (e tamén para despedir o trimestre e comezar coa operación bikini de cara ao verán que xa está cerca...), poderedes todos participar dende as 12.00 nun maratón de xogos e deportes populares (corda, carreiras de sacos, tiros de triples, voleibol, badminton...)
Vide preparados, chandal, calzado deportivo e sobre todo, moitas ganas de pasalo ben...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN