27/2/09

QUADRAGESIMA


Rematou o Entroido, o desenfreno, a loucura.
Estamos en Cuaresma, cuarenta días para a reflexión, a meditación e o recollemento.
Relixión aparte, probablemente todos precisemos duns días ao ano para facer balance de éxitos e fracasos, de autoavaliación. Un tempo para pisar o freo, entrar en estado Alfa e, dende a fría distancia, ser quen de tomar as decisións adecuadas para continuar no camiño adecuado.
Nesas andamos todos.
Como para case todo, hai marabillosos libros que poden axudarnos a tirar partido das nosas capacidades e a intentar mirar o mundo dende diversas, curiosas e sempre enriquecedoras perspectivas. Libros que poden facer que convirtamos as aparentes amenazas en oportunidades de cambio ou de permanente mellora. (Ou non estamos todos no plan de MELLORA? ;-)

Hoxe vos recomendamos este divertido e curioso libro de Paul Arden, publicado na editorial MAEVA e que con divertidas imaxes e punzantes textos fai despertar o noso espírito crítico e ao mesmo tempo o noso sentido do humor.

"Segundo Paul Arden, a clave do éxito baséase en pensar exactamente o contrario do primeiro que nos ven á cabeza. Pois nadando contracorrente conseguiremos sacar o máis valioso que hai no noso interior, o que nos fai especiais e irrepetibles."


Intentade facer este sinxelo e á vez complicado exercicio: Antes de emitir un xuizo ou de tomar unha determinación, PENSADE O CONTRARIO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN