15/2/09

NON HAI IDADE PARA O AMOR

"Ás veces os adultos lles din aos nenos:

Non tedes idade para saber que é o amor!

Hai que ser maior para sabelo!

Iso significa que esqueceron xa moitas cousas, que non teñen ganas de falar con vos ou que se fan os tontos. Eu recordo perfectamente como me namorei por primeira vez, aos sete anos". (Peter Hartling).

Ben vai cumprir 10 anos, Anna é nova na súa clase. Seus pais acaban de chegar dende Polonia. Anna é diferente, "rara", pero a Ben lle gusta. Pronto farán moi boas migas e pasarán tardes estupendas xuntos. Descubrirán sorprendidos que lles encantan as mesmas cousas e que, por enriba de todo, o que máis lles gusta é estar xuntos.

Unha historia de amor infantil, sinxela, tenra e conmovedora, escrita por Peter Hartling hai xa máis de vinte anos e que non deixa de emocionar ao lector pola súa frescura: as miradas, as notiñas na clase, as caricias furtivas, a emoción de verse a soas, o non saber que dicir, os bicos roubados...

Que fermoso é estar namorado, con 7 anos e con 70!

Está ben claro, o amor non ten idade.

1 comentario:

  1. Estou dacordo co de que o amor non te idade!Todo o mundo debería de ter esa mesma opinión!Estean ou non namorados!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN