11/2/09

BULE, BULE!


Xa escribiches a túa declaración de amor?

Está elexido o poema que pensas enviar a ese persoa tan especial para ti?
Ben sabemos que a maioría de vós tedes todo preparado para o gran día.
Se aínda che quedan cousas que dicir,
se sentes que non son suficientes as palabras do dicionario,
se estás nunha nube de felicidade e non sabes nin coller un boli...
BULE!
Veña, pasa pola biblioteca.
Alí agardan os máis fermosos poemas de amor,
preparados para ti e para quen ti queiras.

Só queda un día.

O venres haberá reparto da correspondencia e o agasallo para o primeiro que respondeu correctamente á pregunta de CADA OVELLA...

2 comentarios:

  1. Ai! Que eu aínda non escribín a carta!
    Non sei que me pasa... debe ser o amor :X :X

    ResponderEliminar
  2. Alguén se lembraría de min? :_(

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN