22/1/09

CIENCIA FICCIÓN PARA OS MÁIS PEQUENOS

A ciencia ficción non é terreo exclusivo dos adultos ou adolescentes amantes das viaxes interestelares, dos buratos negros ou das naves que viaxan á velocidade da luz. Tamén existen fantásticas aventuras galácticas para os máis pequenos:

No cómic Astro-ratón y Bombillita, na colección "Mi primer Cómic" da Editorial Mamut os primeiros lectores poden divertirse coas curiosas aventuras dun ratón astronauta perdido no espacio ata que bombillita lle axuda a atopar o camiño de volta a casa.



Os lectores máis autónomos poden internarse no espacio exterior da man de dous fantásticos personaxes:
As divertidas e disparatadas aventuras de Anamarciana (Xerais, 2000) e Anamarciana no planeta vermello (Xerais, 2005), orixinal creación de Alberto Varela Ferreiro á que podedes acceder tamén no seu cómic on-line.



Ou as emocionantes misións galácticas de Zack Galaxy, un axente secreto espacial que non sempre resolve debidamente as súas misións, obra do polifacético e sempre orixinal Jordi Sierra i Fabra. ("Una aventura intergaláctica", "Persecución Total" ou "Misión Secreta" son algúns dos seus títulos).

Non é fácil facer unha viaxe polo espacio, nin coñecer unha nave espacial por dentro, nin visitar un planeta lonxano. Con eles poderedes facelo sen sair dos vosos quentiños fogares, esa é a maxia da literatura!

TODOS ESTES TÍTULOS ESPERAN POR VOS NOS ANDEIS DA BIBLIOTECA, ANIMÁDESVOS A VIAXAR DA SÚA MAN?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN