11/12/08

UN POETA QUE SE MALOGRÓ

Sabemos dun poeta andaluz que pintaba: Rafael Alberti, e doutro poeta tamén andaluz que debuxaba: Federico García Lorca.

Pero houbo un terceiro andaluz, un pintor, que tamén foi escritor. Se queres saber quen foi, presta moita atención ás seguintes pistas:


1. Escribiu tres obras de teatro e máis de 350 poemas, de rima libre, en francés, en español, ou nas dúas linguas á vez.


2. Sempre defendeu que o artista é polifacético e afirmou: "Las artes se reducen a una sola: se puede escribir una pintura con palabras, del mismo modo que es posible pintar sensaciones con un poema".


3. Nunha ocasión comentoulle ao seu amigo o fotógrafo arxentino Roberto Otero: "En el fondo, soy un poeta que se malogró".


4. Unha mostra do seu facer literario: "Una mariposa deshace sus alas a escondidas y cuelga sus zuecos de cristal estremecido de frío de la luna" (Vallauris, 20 de xullo de 1951).





XA SABES DE QUE ARTISTA ESTAMOS A FALAR? SE A RESPOSTA É AFIRMATIVA, NORABOA! PASA POLA BIBLIOTECA E RECIBIRÁS UN AGASALLO. EN CASO CONTRARIO, NON TE DESANIMES E CONTINÚA INVESTIGANDO.

3 comentarios:

PASEN E VEXAN