2/12/08

"QUE VES?". I Certame de Escritura e Arte



BASES:
1.- A organización deste concurso está promovida pola Biblioteca Escolar como parte das actividades de “Fomento da lectura e escritura” dirixidas ao alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

2.- Condicións para ser participante:
Poderán participar no concurso as alumnas e alumnos de terceiro ciclo de Educación Primaria e todo o alumnado de Secundaria.
Quedan excluídos da participación neste concurso os lectores morosos, é dicir, aqueles que non teña devoltos ou renovados os libros de préstamo no momento en que empece o concurso.
SÓ SE CONSIDERARÁ VÁLIDA A PARTICIPACIÓN DAQUELES ALUMNOS QUE CUMPLAN ESTE REQUISITO.


3.- Prazo: O concurso comezará o martes 2 de decembro de 2008 e rematará o venres 12 de decembro.


4.- Funcionamento:

  • Acompañados do voso titor/ profesor, acudiredes á biblioteca onde vos entregaremos unha folla para a redacción.
  • A continuación cada participante escollerá unha pintura da exposición, tomando nota do seu número.
  • O voso relato debe tratar sobre o que vos suxira a pintura escollida.
  • Deberedes cubrir na folla o voso nome, curso e número da pintura elixida.
  • Unha vez rematado o relato depositádeo na caixa de correos na entrada da biblioteca.
5.- PREMIOS:
Estableceranse tres categorías:
A- 5º e 6º de EP
B- 1º e 2º de ESO
C- 3º e 4º de ESO
O gañador de cada categoría recibirá un diploma e un agasallo.

6.- Gañadores:
A lista de gañadores faráse pública antes do 19 de decembro, día en que se fará a entrega de premios e a lectura pública dos textos premiados.
Os alumnos gañadores aceptan que o seu nome sexa publicado nos soportes que o Equipo da Biblioteca estime oportunos.
O prazo máximo de publicación dos gañadores será de cinco días logo da finalización do concurso.




ANIMÁDEVOS, SACADE O ARTISTA QUE TODOS LEVADES DENTRO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN