15/12/08

A OBRA DE ARTE TOTAL

Neste artístico mes de decembro non podíamos esquecernos da ópera.
Xa a mediados do século XIX o compositor Richard Wagner cualificouna de OBRA DE ARTE TOTAL (Gesamtkunstwerk) por ser o único xénero artístico capaz de unir en perfecta harmonía música, literatura, danza e artes plásticas.
E a ópera no século XXI segue viva, a pesares do nacemento do cine, da revolución dixital, da televisión e da aldea global. Segue viva pola súa perenne capacidade de conmover e emocionar.




A escritora e ilustradora Georgina García-Mauriño sábeo ben e traballa contra vento e marea para acercar a ópera aos nenos coas súa preciosa colección de "Óperas como cuentos".





Nelas adapta o texto do argumento operístico para lectores de distintas idades, ilústrao e o acompaña do CD no que os pequenos afeccionados poden escoitar as fermosas melodías de cada escena.


A súa colección Cuéntame una ópera conta xa con 13 títulos (El Regreso de Ulises, Orlando furioso, Rinaldo, Las bodas de Figaro, Don Giovanni, El barbero de Sevilla, La Traviata, Aida, Turandot, Sansón y Dalila, El Holandés errante, La flauta mágica e Orfeo ed Euridice) editados primeiro coa discográfica Sony e agora en solitario, co seu selo editorial independente.
Na súa fantástica páxina web tamén atoparedes outros recursos interesantes coma o concurso de ilustración de óperas, xogos musicais ou sinxelas e didácticas explicacións de como se fai unha ópera.


Ven pola biblioteca e atrévete coa ópera...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN