1/12/08

LEONARDO E O MS PAINT

Que pensaría Leonardo da Vinci das novas tecnoloxías? Seguramente un xenio das artes e as ciencias como el era, ademais de inventor, gastrónomo ou músico, sentiríase emocionado ante as posibilidades que lle abrirían.
O autor de La Gioconda ou a Mona Lisa, o cadro máis famoso de toda a historia da pintura, empregou unha técnica coñecida como sfumato, é dicir, debuxou o esbozo do cadro e despois aplicou o óleo diluído en aceite esencial, de xeito que os contornos aparecen difuminados.
Non sabemos con precisión canto tempo empregou Leonardo na realización desta obra, pero seguro que foi moitísimo máis das dúas horas e media que EclecticAsylumArt tardou en reproducir a imaxe da Gioconda empregando o Paint. Pensades que o resultado non pode ser moi próximo ao orixinal? Ben, pois xulgade vós mesmos.


Por certo, sabías que o famoso sorriso da Mona Lisa apréciase mellor cando non se mira directamente? Se fixas a tú vista na boca, o sorriso semella desaparecer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN