18/12/08

A HORA DA VERDADE


Chegou o gran día, por fin! O venres 19, no tempo do recreo, na biblioteca, desvelaremos un dos segredos mellor gardados durante a semana: os gañadores do I Certame de Escritura e Arte. Foron moitísimos os textos entregados, pero só tres deles recibirán un agasallo. Queres saber os nomes dos elexidos? Pois pasa pola biblioteca!


Igualmente recibirá o seu agasallo a primeira persoa que comunicou o nome do pintor que andabamos a buscar no xogo de pistas Un poeta que se malogró.


Serás ti o gañador ou gañadora?

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN