5/12/08

A ARTE DE FACER LIBROS


Moitos somos os que, ademáis de saborear con fruición a lectura dos nosos autores preferidos, gustamos do sinxelo pracer de acariñar un libro, de pechar os ollos para ulir o perfume das súas paxinas ao facelas pasar entre os nosos dedos, de emocionarnos coas súas formas, cores e texturas.

Se coas palabras sinxelas de cada día algúns afortunados consiguen construir poesía, tamén cos materiais máis "vulgares" e cotiás, outros adornan esas palabras con fermosísimos tesouros.

En Libro de artista, Japanese Paper, Artist's Book, Book Binding , Calligraphy e moitos outros grupos de Flickr podedes atopar fermosos formatos para convertir (se é que sodes habilidosos) os vosos libros en obras de arte.

Felices, fermosas e descansadas lecturas para esta longa fin de semana a todos! Xa queda pouco para o Nadal, ;-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN