En xeral, a presencia destes roedores produce nas persoas unha mestura de noxo e medo, aínda que nalgúns países de Asia, como a India, os homes viven pacificamente con elas.
Son moitos os relatos que teñen como protagonistas a ratos ou ratas:
as múltiples aventuras de Gerónimo Stilton,
a literaria rata Firmin,
pero tamén hai películas como Stuart Little ou a exitosa Ratatouille, na que Remy, unha rata, demostra as súas habilidades como chef na cociña dun restaurante.
Precisamente a boa acollida destes filmes, fixo que nas tendas de mascotas se disparase a venda de ratas como animais de compaña.
E ti que opinas desta moda? Levarías un roedor a casa?
Eu si levaría a casa un ratiño branco con ollos vermellos, pero unha rata non, que me dan un noxo!
ResponderEliminar