20/11/08

OS RATOS COAS RATAS

Lemos unha nova sorprendente en Vieiros: "A Hamelin cómprelle un outro frautista" as ratas invaden a cidade alemá de Hamelin! Soache esta historia? Coñeces o conto do frautista que empregou a maxia da música para liberar Hamelin das ratas? Pica na imaxe para ler o conto.As ratas son uns animais mamíferos moi prolíficos: teñen aproximadamente de 50 a 80 crías por ano. Se as condicións de temperatura e alimentación son boas poden constituir unha indesexable plaga. Neste enlace tes moita máis información.
En xeral, a presencia destes roedores produce nas persoas unha mestura de noxo e medo, aínda que nalgúns países de Asia, como a India, os homes viven pacificamente con elas.

Son moitos os relatos que teñen como protagonistas a ratos ou ratas:
as múltiples aventuras de Gerónimo Stilton,
a literaria rata Firmin,
pero tamén hai películas como Stuart Little ou a exitosa Ratatouille, na que Remy, unha rata, demostra as súas habilidades como chef na cociña dun restaurante.


Precisamente a boa acollida destes filmes, fixo que nas tendas de mascotas se disparase a venda de ratas como animais de compaña.
E ti que opinas desta moda? Levarías un roedor a casa?

1 comentario:

  1. Eu si levaría a casa un ratiño branco con ollos vermellos, pero unha rata non, que me dan un noxo!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN