8/11/08

KOMA, Pierre Wazem e Frederick Peeters

Addidas é unha nena fermosa, cuns ollos enormes e curiosos.
Addidas non se chama así polo nome dos zapatos deportivos!
Addidas toma nota no seu caderno de todo canto lle acontece, sobre todo deses extraños desmaios que lle fan perder contacto coa realidade sen darse apenas conta en calquera momento ou lugar.
Addidas non sabe que é o campo, non coñece o verde das árbores ou o tacto da herba nos pes descalzos, non coñece outra luz ca da escura e tóxica cidade.
O pai de Addidas está viuvo e limpa chemineas, como Bert, en Mary Poppins. Mais seu pai non canta nin baila sobre os tellados de París.

O pai de Addidas ten medo de perdela, está asustado e moi, moi canso.
O pai de Addidas sofre por ter que levar á súa nena por escuras e suxas galerías polas que el xa non é quen de escorregar.


Pero nese escuro mundo Addidas descubre un "monstruoso" amigo...

Xa van 4 entregas desta fermosa, emotiva e fantástica historia.

Outra inesquecible historia de Frederick Peeters, autor holandés de xoias coma Píldoras Azules, RG ou Lupus.







Unha delicia para nenos e maiores, mestura entre crúa realidade e cativadora fantasía (semella un tópico pero é certo, lede o primeiro volume e desexaredes ter a man os demáis).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN