16/11/08

GHOSTGIRL, T. Hurley



Xa está na biblioteca Ghostgirl, o esperado libro da escritora norteamericana Tonya Hurley.
Está editado por Alfaguara nunha coidadísima edición en cartoné con acetato transparente, estampado en plata e serigrafiado no lombo en rosa metalizado.

A protagonista desta peculiar historia é unha adolescente, Charlotte Usher, que comeza un novo curso escolar coa intención de deixar de pasar desapercibida ante os compañeiros e así poder conquistar ao seu amado Damen. O problema é que nada sae como ela tiña previsto, pois un contratempo inesperadísimo pon en perigo o seu plan: o primeiro día de clase atragántase cunha gominola e morre.


Pero a morte non impedirá que Charlotte siga loitando por triunfar. Se antes parecía practicamente invisible para todos, agora realmente o é... e iso pode ser unha grande avantaxe.

Estamos ante un libro moi especial. En apariencia outra historia para adolescentes seguidoras de modas "góticas" ou "sinistras", que se divirten traspasando a fronteira que separa o normal e o paranormal.

Pero hai algo máis: son moitísimas as citas literarias e as referencias a grandes autores de diferentes épocas da historia da literatura (Poe, Horacio, Wilde, Blake, Sylvia Plath...) . Asimesmo hai continuas alusións a grupos musicais ou solistas, e varios capítulos comezan con letras de cancións de Radiohead, Lou Reed, The Smiths, Laurie Anderson, Belle and Sebastian...



Ghostgirl está chamado a ser un éxito editorial, pola súa orixinalidade no envoltorio e no contido, pero tamén pola extraordinaria campaña de divulgación que se está a levar a cabo na páxina web do libro onde atopamos enlace ao blog de Charlotte, á lista das súas cancións preferidas, que podes escoitar, a diferentes actividades paranormais ou mesmo á súa páxina en myspace.

Estas páxinas están en inglés, tamén en catalán e parece que proximamente a editorial Alfaguara terá a web en castelán.

"En el mundo yo era solo una persona más, pero anhelaba ser el mundo para una persona", Charlotte Usher.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN