28/11/08

E TI QUE PINTAS?

Remata novembro, o mes no que pasamos moito medo na biblioteca entre pantasmas, meigas, vampiros e esqueletes.
Menos mal que xa chega o invernal decembro cos seus exames, avaliacións, notas e...vacacións! Este mes tan importante ben merece un punto de interese moi especial: A PINTURA.
A partir do luns, ademais da exposición de materiais relacionados co tema (OLLO ás novidades), estarán á vosa disposición varios caballetes preparados para que amosedes aos artistas que levades dentro. Seguro que entre vós hai algún Dalí, Van Gogh, Laxeiro, Leonardo, Colmeiro, J. Minguillón, Maside, Renoir, Warhol, M. Mallo...
Mentres agardamos ás musas, nada mellor que deleitarnos coa seguinte montaxe na que a muller é protagonista de fermosos e coñecidísimos cadros.


Pasa pola biblioteca e déixate levar pola ARTE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN