1/10/08

UN REMANSO DE PAZ

Estas primeiras semanas de curso son un auténtico furacán. Pasa un día e pasa outro e non conseguimos sair a flote de entre os papeis, as reunións, a programación, as preavaliación da avaliación inicial, as comisións, os proxectos, o RRI, o PEC, o PCC, o PLC, o XADE e OLLO!, todo sempre acompañado das competentísimas TIC.

llueve

Pero pasado este horrible chaparrón de burocracia buscamos un ratiño para desconectar, relaxarse, poñer os pes na mesa e viaxar soñando espertos da man dunha boa lectura.

47317

Onte 30 de setembro foi o DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCCIÓN e para conmemoralo vos recomendamos a lectura deliciosa dunha fantástica traducción:

Editada por Rinoceronte, unha editorial que está a facer da traducción unha arte e que non deixa de sorprendernos coa variedade e o bo gusto do seu catálogo.

arthur_m

George Edalji, un xoven e modesto avogado, fillo dun predicador de orixe hindú casado cunha escocesa, introvertido, reservado, confiado e absolutamente fiel á súa patria, Inglaterra, e ás súas leis.

Arthur Conan Doyle, home famoso e poderoso, amante da aventura e dos deportes e afamado escritor de novelas.

Dous mundos diferentes que acaban cruzándose. George vai á cadea inxustamente mentras Arthur vive unha intensa e difícil situación emocional e familiar. George escribe a Arthur e Arthur decide axudar a George.

despues lluvia

Dous relatos independentes que acaban sendo un. Unha deliciosa novela para despois da chuvia, para esquecer agobios, estres, preocupacións e siglas

1 comentario:

  1. De acordo. Tamén o lin hai tempo e está ben. ESta editorial está a facer un gran labor pola nosa lingua, creo que non hai ningún título "malo".

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN