22/10/08

UN ANO EN-REDADOS

366 días e semella que foi onte cando comezamos a nosa singladura polas incertas augas destes mares da web, cunha máxica mestura de ilusión, respecto e tolemia!
Ao principio as manobras eran difíciles, pero o perigo de zozobrar ou afundir no intento nunca nos impediu manter firme o noso rumbo.
Así, as primeiras travesías leváronnos a illas marabillosas habitadas por tribus que estaban afectadas pola mesma patoloxía que nós: unhas gañas inmensas de explorar novos mundos e ningún medo ao espazo novo que estabamos a construir xuntos.
Este blog foi dende entón o noso caderno de bitácora no que os membros da tripulación recollemos con minucioso coidado todas as incidencias da singladura: os ventos (non sempre favorables), os rumbos (non sempre coñecidos) e os aparellos (manexados ás veces por pura intuición).
Nunca nos sentimos sós nesta viaxe. Sabemos que, en caso de naufraxio, moitas embarcacións virían ao noso rescate.
Celebramos este primeiro aniversario con moita ledicia e boa compaña.
Estades todos convidados a un grolo de ron, ron, ron...

4 comentarios:

  1. Pues que cumpláis muchos más !! Felicidades !!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas felcidades, e continuar traballando así de ben.

    ResponderEliminar
  3. Agradecemos moitísimo o voso alento. Saúdos para Cambre. Grazas por estar tan preto.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN