23/10/08

SOIDADES, Neus Moscada e Chiara Fatti

“Hai momentos en que me gusta estar soa…

… porque só estando soa

noto o sol de agosto

pintando pencas na miña pel.

libros_1402

… porque só estando soa

leo as letras bailando

en palabras que podo tocar.

infantil_17

..porque só estando soa

elixo un soño para cada noite:

hoxe quéroo con sabor a mel.


E logo, cando estou con alguén,

podo compartir o que sentía ...

cando estaba soa."


Deliciosa lectura para todos os que saboreamos eses valiosísimos momentos de soidade (tan difíciles de acadar ás veces) para logo compartilos na compaña de aqueles a quen máis queremos.

De novo a editorial OQO fascina a grandes e pequenos cos seus coidados álbumes, con textos e ilustracións delicados e fermosos por igual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN