16/10/08

SARI, SOÑADOR DE MARES, de Marcos S. Calveiro

Ler a Marcos S. Calveiro segue a ser un engaiolante pracer. A súa prosa, coidada, precisa e sempre fermosa consigue seducirnos como as míticas sereas. O seu xeito de trasladarnos a mundos lonxanos no tempo e no espazo (un circo decadente na Norteamérica do XIX, un barrio destruido de Bagdad durante a presente guerra ou os exóticos mares percorridos por Simbad o mariño) e de mergullarnos por completo neles é case máxico.
















Xa que neste mes é O MAR o noso punto de interese, nada coma esta fermosa novela para sucalo e para coñecer historias de calamares xigantes, de illas rodeadas de perigosas serpes ou habitadas por crueis antropófagos.

Nada como coñecer a Sari para visitar con el os paraísos soñados por Simbad o Mariño. Un Simbad vello, nostálxico e feiticeiro e un novísimo e inocente Sari, o seu fiel compañeiro.














Mares embravecidos,
mares en calma,
areas de cores incomprensibles,
aterradores ventos de treboada
ou encalmadas que levan case á loucura.

Non vos perdades esta lectura!
E se queredes saber máis sobre Simbad, sempre podedes ler a Cunqueiro, ou o cómic "Las aventuras de Simbad", ou mirar as distintas películas inspiradas neste intrépido aventureiro: Simbad, la leyenda de los 7 mares,
Simbad y la princesa, (1958) ou
Simbad el marino (1947).

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN