23/10/08

NORABOA, AGUSTÍN!

Agustín Fernández Paz foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor (Xerais).
Xa no mes de febreiro fixemos un comentario sobre esta marabillosa obra, que é un puro deleite para o lector e unha fonte de recursos para docentes e bibliotecarios.
Non engadimos nada novo se dicimos que Fernández Paz é un dos máis premiados representantes da nosa literatura infantil e xuvenil,. Pero si debemos salientar que ese recoñecemento tamén llo conceden os alumnos, pois é un dos autores máis solicitados na biblioteca. Lembramos títulos como Cartas de inverno, Corredores de sombra, Contos por palabras, Trece anos de Branca e tantos outros.
Noraboa, Agustín! Grazas por deixarnos entrar no teu mundo creador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN